Alfredo Ferreiro, Criação, Poesia

O lagarto romántico, texto automático

Póñome a escribir
con papel e caneta
e surxe un lagarto
que bisbisa na orella:
corre, corre moito antes de que
te capten as antenas, antes de que
perciban o cheiro do suor
estampado co medo de sempre.
O medo florece e non hai capa
que te protexa da chuvia do medo.
Nen hai un pardal que te salve,
María, da treboada. María,
a muller embalsamada
nun poema de amor
putrefaccioso. Que engrazado
resulta o amor
dos poemas de amor
doutrora e de sempre.
Amor enlatado,
amor afumado,
amor versificado
en cagallas de amor.
Roma, a cidade que nunca visitarei.
Amor, a cidade do odio.
E non vou falar do Vaticano.
Do amor, concordaredes,
o mellor é o coito.

{Vía Xalundes}

Share
Standard