Alfredo Ferreiro, Infanto-juvenil, Narrativa

Corazón de pedra, de Agustín Fernández Paz

En Corazón de pedra Agustín Fernández Paz ofrécenos, ademais dunha obra entretida e sensible, unha sorte de reflexión sobre a literatura fantástica. Porque nesta obra, se ben aparece a figura dun dragón, non é dun modo abrupto e declaradamente fantástico, senón mediante a inserción de argumentos lendarios nun cadro perfectamente verosímil: unha viaxe ao rural pon en contacto a protagonista coas lendas e a contorna natural do lugar, que as absorve e as vive dun modo que só na infancia sabemos, intuitivamente, desfrutar.

Oxford Univesity Press: «Unha apaixonante aventura que nos lembrará o poder que ten a fantasía para cambiar as nosas vidas. Todos os nenos teñen un animal preferido e os de Brenda son os dragóns. Despois de ler moitos libros sobre o tema, Brenda sabe perfectamente como eran os dragóns e non consegue entender por que desapareceron. Cando chegan as vacacións do verán, a protagonista e mais os seus pais viaxan a unha casa rural nun bosque. Alí nace unha antiga historia sobre un dragón…»

Share
Standard