O centro do mundo

Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de circunstancias, podiamos deixalas pasar encanto agora fan dano e producen un malestar particularmente acedo.

Onte á tarde estaba a ouvir o programa Radio 3, de Radio Nacional de España, durante o breve camiño que vai da miña casa ao ximnasio onde, desde hai moitos anos, practico kung-fu. Un breve camiño en que pretendo desligar a mente do traballo mediante unha respiración pausada que me permita centrarme a seguir nos exercicios desa tradición milenaria. Mais eu non podía supoñer que había de chegar ao ximnasio máis alterado que de costume, e despois de xurar en arameo e maldicir todas e cantas persoas hai ignorantes da importancia dun mínimo respecto pola cultura dos mais.

Tratábase dunha entrevista que unha xornalista facía a unha actriz portuguesa, sobre un novo filme que viña de estrear. A española falaba, como di o Xavier Alcalá, perfecto madrileñata, e a portuguesa un portuñol suficiente para a comprensión da maioría da audiencia. Nunha altura dada a entrevistadora, despois de esgotar as preguntas relativas ao cinema, dispara: “¿Crees que hay muchas diferencias entre el pueblo español y el portugués?”; ao que a actriz, non falta de argumentos, responde: “Io acho que hai diferenças, no por acaso en espanhol no hai vogais abiertas i cerradas como en portugués; por eso se dice que en Espanha hablan para fuera i en Portugal hablamos para adentro”.

España, claro, mais de que España se trata? Desa nación con capital en Madrid, desde a que hoxe os falsos progres de Prisa reclaman centralismo, unidade e sensatez contra o separatismo? Non será que o único que lles doe é pensar que o seu mercado español, fundamentado nunha lingua española obrigada para todos e unhas eivadiñas linguas mal permitidas para uns frikis, está a punto de reducirse?

Tempo pasou desde que a democracia foi instituída en España, mais a tal España, esa de E tan grande, non se democratizou. Para que houber democracia o pobo debe ser respectado, e chegando aí, a variedade dos pobos da Hespaña habían de ser subida democraticamente ao laico altar do Estado común […] {Ler máis en Praza Pública}

Share

Deixar uma resposta