“O PEN Galicia cabalga cara ao seu congreso internacional”

Santiago Jaureguizar

Galipedia (2009)

Santiago Jaureguizar: «[…] O escritor compostelán Suso de Toro protestaba a semana pasada en Twitter por non figurar na Lista de Bos Aires, que é como se coñece aos escritores, editores e adxuntos que van representar a a Santiago na feira do libro da capital arxentina. Queixábase De Toro por non ser convocado cando non hai moitos que teñan escrito tanto sobre a cidade. Vou opinar sen ironía: leva toda a razón. Poucos escribiron tanto sobre Compostela. O novelista en excendencia non tardou en darse un cariño noutro ‘tuit’: «O Concello quere que vaia, intentarei solución». Martiño Noriega dispón de varias prazas.

Os beneficiarios da Lista de Bos Aires reuníronse recentemente. O motivo? «Temos orquestra, pero non partitura», sintetizou un escritor e editor. Precisaban elaborar un discurso conxunto para que os tomen en serio na feira de edición comercial máis importante de Suramérica. Seica que o son do encontro foi a cabalgada das valquirias.

Suso de Toro levou outro disgusto por outra lista. Nesta por figurar. Volvía prender un foco en Twitter confesando a súa sorpresa por atoparse nunha candidatura ás eleccións do PEN Galicia. Feriuno o fogo amigo, pero supuxo que o disparo era un «erro». Así debeu de ser porque o seu nome xa non figuraba na lista que se votou, na que apareceron inesperadamente os nomes de Marilar Aleixandre e Román Raña.

O xoves baixei de novo á piscina. Na andaina, lin que o fundador do PEN Galicia Xavier Alcalá percibe que o proceso polo que se proclamou presidente a Luís González Tosar —asiduo dende hai 21 anos— foi apresado e sinuoso. A votación resultou unánime, entusiasta e devota. Alcalá cheira numerosas «trapalladas».

Hai impaciencia por ese congreso do PEN Internacional que se celebrará en outubro en Ourense. 250 escritores de todo o mundo debatirán sobre os colegas perseguidos entre sorbete de limón e entrecot de cachena. Eu nada sei porque vivo na arcadia vagarosa do Conventus Lucensis, pero a Deputación ofreceu pagar a ‘dolorosa’ e aínda non temos a conta con Ive […].»

{El Progreso}

Share

Deixar uma resposta