Debullando no Blogomillo

Debullando no Blogomillo […]

Share

“Dicir que o blogomillo está morto é un tópico”

Táti Mancebo

B.P.:«Hai xa máis dunha década que María Yáñez dicía iso de “outra vaca no blog (millo)”. Eran aqueles momentos de eclosión. Mais dunha década despois, as redes sociais semellan telo deixado en segundo lugar. Ou tal vez haxa xa tantas ducias e centos de vacas na leira que xa non sexa pertinente unha etiqueta para nomear unha comunidade emerxente. Analizámolo con Tati Mancebo, a coordenador dun A FONDO que sairá a rúa, conxuntamente co número 121 do semanario Sermos Galiza, esta quinta feira 6 de novembro.

-Levamos algo máis dunha década de blogomillo. Cal é a pertinencia de abondar na actualidade dos blogues, como se fai neste A Fondo?

-As redes sociais céntranse no concepto de inmediatez, mentres que os blogues o fan na idea de almacenamento e organización permanentes de contidos. Os perfís das redes sociais son entidades que se definen en relación ás súas redes de contactos, mentres que os blogues foron e seguen a ser diarios, individuais ou grupais, de comunicación co mundo, coa intención de chegar a toda persoa que poida interesarlle un tema ou o un punto de vista particular sobre ese tema.

-Que terías que dicir fronte á quen di que o blogomillo está morto?

-É un tópico similar a outros tantos que parte dunha necesidade de definir que temos as persoas. Dicir que algo está morto é unha boa maneira de poñernos a pensar que é, aínda que acabemos chegando á conclusión de que non estaba tan morto como parecía.

-Que aspectos concretos do blogomillo se tratarán neste A Fondo e por que?

-Tentamos mostrar unha visión máis ampla do panorama que habitualmente se pinta. Cando se escribe sobre blogues, axiña aparecen nomes como os de Manuel Bragado ou Manuel Gago, dous exemplos de pioneiros que seguen a ser dos máis relevantes na nosa comunidade, mais esta vez ímonos desculpar con eles e mostrar outras vertentes, tanto en referencia aos contidos, como aos autores. Por exemplo, Mallando no Android é un blogue colectivo que está entre as páxinas en galego máis vistas, e é un blogue […]».

{Ler mais em Sermos Galiza}

Share

Poétika, unha singular aplicación para Iphone

O pasado Día da poesía foi presentada Poetika na Casa América, unha aplicación para iPhone que ofrece un catálogo de 1.500 poemas de inicio que serán duplicados en septiembro de 2013. Comprende unha das antoloxías de poesía universal máis variadas e estensas publicadas en español, con autores de todas as épocas, en que non faltan os griegos, Shakespeare, Quevedo, Petrarca, e outros moitos dunha nómina que atinxe a actualidade e na que non faltan as colaboracións de poetas galegos actuais como Tati Mancebo e que isto escribe.

Na elaboración do proxecto participaron os escritores Catherine François, Jenaro Talens (editores e responsábeis literarios da antoloxía), Antonio González (Director General de Wake App), Clara Janés (poeta, novelista e tradutora), e Juan Soros (poeta, editor e tradutor).

Share

Tati Mancebo falará de ferramentas web no Culturgal

A nosa colaboradora Tati Mancebo proporá aos asistentes un percorrido interactivo através de varias ferramentas web útiles para o profesorado, nunha das intervencións participativas que a caracterizan.

Será dentro da “xornada de difusión e formación FERRAMENTAS TIC E MULTIMEDIA NAS AULAS, UNHA VISIÓN PRÁCTICA, que achegará aos profesionais do sector educativo o sábado 1 de decembro, de 10h a 19h, unha serie de experiencias no uso práctico e real de ferramentas TIC e contidos multimedia pensados para as aulas.” {Foro Culturgal}

Share

Pedro Silva falou de creatividade e tecnoloxía en Almería

O noso compañeiro Pedro Silva deu unha conferencia en Almería que o sitúa na vanguarda da creatividade tecnolóxica, e que queremos aplaudir desde aquí: “La finalización de estas jornadas con un taller-presentación del Centro de Negocios para emprendedores del PITA y la plataforma Arduino supuso acercar a los alumnos a nuevas perspectivas de futuro que deberán valorar en su proceso de creación de su propio oficio. No en vano, las herramientas libres en torno al concepto de la “ética hacker” fueron las protagonistas del discurso de Pedro Silva, ponente de este taller.

Para Silva, la independencia y libertad que supone la organización del trabajo, gracias a las nuevas tecnologías, en una empresa descentralizada y conectada en redes abiertas es una realidad que se materializa en su empresa cooperativa de acción cultural “Algueirada”, que lleva 10 años funcionando y aglutina ya 3000 blogs y 64000 usuarios.

Redescubrimos con él términos como GNU, Bitcoin, Arduino, impresión en 3D, y también debatimos sobre neoruralidad, antropología libertaria y el concepto limitador del trabajo: “nadie debe hacer un trabajo estúpido y repetitivo”, concluyendo con su discurso que “la tecnología nos permite ser artesanos y participar de la revolución digital”. {Ler máis na Asociación de la Prensa de Almería}

Share

Blogaliza actualiza o seu Wordpress

A nova versión de WordPress implementada en Blogaliza actualiza o servizo da plataforma de blogues con novos recursos. Máis unha vez debemos agradecer o esforzo do compañeiro Pedro Silva por manternos á última neste servizo en galego que leva xa moitos anos ofrecendo un medio de publicación de contidos que moitos consideramos desde o principio sorprendente, e desde hai tempo imprescindíbel:

«A nosa maquinaria actualízase á última versión de WordPress, a 3.2.1.

Novidades?

Un novo estilo visual, TwentyEleven, con moitas posibilidades: cabeceiro, cores e disposición de columnas configurables. Editor de anotacións a pantalla completa, para ver só o importante: o teu texto. Paga a pena botarlle un ollo: é un vicio!! Dentro do editor, cando sexa de engadir ligazóns tes que probar o «ligazóns internas»: as referencias a contidos do propio blog vanse revolucionar… Buscador para escoller estilo visual: acabouse andar pasando de páxina en páxina ata dar co theme que gostamos. O estilo visual P2, que che permitirá facer un blog «tipo twitter» en minutos. As anotacións poden ser «outras cousas»: ligazóns, citas, galerías… Barra superior con todo o que precisamos ao alcance da man. Correximos moitos erros no proceso de creación de novos usuarios. Empregamos a tradución oficial. […]» {Ler máis en blogaliza.org}

Share

“Ensinar literatura”, curso da UDC

O xoves estaremos no Reitorado da USC promovendo un diálogo sobre os recursos dixitais que a literatura xa non pode obviar.

Share

Blogaliza na Normal

Share

Charla de Tati Mancebo sobre os eReaders nas Bibliotecas Municipais da Coruña

«Esta tarde [onte] na Biblioteca Municipal de Monte Alto tivo lugar unha charla sobre o libro electrónico e os seus dispositivos de lectura impartida por Tati Mancebo, que buscaba ilustrar aos asistentes sobre a historia e evolución do libro electrónico, os dispositivos de lectura que podemos atopar no mercado e a evolución que está a ter o sector da edición dixital, estando dispoñibles durante o evento distintos trebellos para que o público puidese probalos de primeira man, facilitando a súa futura elección de eReader. Tati Mancebo explicou a longa vida que teñen os e-books e os distintos formatos existentes, que aínda que nun momento tendesen aos documentos PDF, na actualidade publícanse en formatos máis axeitados coma o EPUB ou o Mobipocket, aínda que este baile de formatos acompañado polo uso de tecnoloxías DRM están supor un atranco na normalización do uso de eReaders, posto que os textos que podemos adquirir non son compatibles con todos os dispositivos de lectura. Repasando os trebellos dispoñibles, Mancebo amosou as vantaxes da tecnoloxía de E Ink (destacando a súa autonomía), o reducido prezo dos lectores baseados en pantallas TFT, a posibilidade de ler no ordenador e no móbil e a forza coa que están a chegar ao mercado os tablets como dispositivos de lectura. Grazas a este repaso de hardware, parece que quedou claro que os libros electrónicos poden chegar ao público de moitos xeitos, podendo elixir cadaquén o que lles resulte máis cómodo […]» [Ler máis en Código Cero]

Share