François Davó

François Davó naceu en Le Mans en 1966. Licenciouse en Letras en París, onde fundou xunto co Xavier Marotte a revista Azertyuiop. Como poeta atopouse co Premio Esquío en 1993. Parte da súa obra en lingua francesa foi traducida por Dulce María Fernández Graña e publicada por Espiral Maior. De cando en vez gosta de practicar a tradución literaria. A súa poesía, principalmente na súa lingua materna eses últimos anos, está nunha fase provisional de voluntaria ocultación. Actualmente reside na Galiza, onde exerce como profesor e militante sindical.

Share