Obra

OBRA INDIVIDUAL:

Versos Fatídicos, por Alfredo Ferreiro (Positivas, 2011)

Versos fatídicos (Edicións Positivas, 2011). A Revista das Letras de Galicia Hoxe ofreceu un adianto deste libro. Máis información n’ O levantador de minas.

Un vídeo de Tono Galán.

*

Metal central (A Coruña, Espiral Maior, 2009). Máis información n’ O levantador de minas.

Un vídeo de Maribel Úbeda para o poemario Metal central.

*

Acidade_AFerreiroA cidade engrinaldada, Cadernos de Azertyuiop, nº 7 (A Coruña, 1997).

*

OBRA COLECTIVA:

Catálogo da exposición Versos & Formas de PecoFacet

(PDF)

Versos & Formas (A Corunha: PECOFacet Ibérica, S. A, 2016). Catálogo da exposição colectiva de poesia e escultura.

*

pepe caccamo e baldo ramos expo libros conversos

librosconversos – pepe cáccamo – baldo ramos (A Corunha: LibrosGalegos.gal, 2016).

*

revista diversos 23

DiVersos. Poesia e Tradução, nº 23 (Águas Santas: Edições Sempre-em-pé, 2015).

*

6 poemas 6 Homenaxe a Federico García Lorca 2015

6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (A Corunha: Biblos, 2015).

*

Terra coletanea publicada de fotografos e poetas galegas e portuguesas publicada por Cultura que une 2015

Terra (Alhariz: Fundación Vicente Risco, 2015). Volume colectivo de poesia e fotografia.

*

Libro do mal amor - Haikus contra a violencia de xénero

(PDF)

Libro do mal amor. Haikus contra a violencia de xénero (Santiago: Xunta de Galicia, 2015). Volume colectivo de poesia e ilustração.

*

150 Cantares para Rosalía de Castro«150 Cantares para Rosalía de Castro é uma iniciativa de Suso Díaz em que tive a honra de participar com mais uma traição que agora aqui publicito numa nova versão galego-portuguesa conforme à edição de Cantares galegos da Academia Galega da Língua Portuguesa. O livro pode-se descarregar desde a página da Fundación Rosalía de Castro, que desde já alberga esta obra coletiva.»

*

Videoprojeções: Xacobe Meléndrez; poema: Alfredo Ferreiro; música: Karlheinz Stockhausen.

*

capa_BARRICADAS_cortada_300Versos cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (Malpica de Bergantinhos: 2013, Editorial Caldeirón, p. 43).«Este libro de poemas quere ser un chanzo máis na loita para que o proxecto mineiro de Corcoesto non se leve a cabo. Queremos que cada letra se converta nunha pinga de antídoto contra o veleno do cianuro. Que cada verso se converta nun valado que protexa o noso territorio, impedindo o paso de quen ven co ánimo de destruílo». [Ler poema n’ O levantador de minas]

*

capa_BARRICADAS_cortada_300Barricadas de estrelas e de luas. Antologia Poética no Centenário da Primeira Grande Guerra, Porto: 2013, Tropelias & Companhia, 13-16. Na antologia participaram também: António Ferra, António Mota, Aurelino Costa, Fernando Costa Branco, Francisco Duarte Mangas, Gisela Silva, João Manuel Ribeiro, João Paulo Cotrim, João Pedro Mésseder, Jorge Velhote, José António Franco, José Fanha, José Jorge Letria, José Viale Moutinho, Luísa Ducla Soares, Maria da Conceição Vicente, Maria Helena Pires, Nuno Higino, Pedro Teixeira Neves, Rui Zink e Sara Canelhas). [Ler poemas n’ O levantador de minas]

*

dorna36Dorna – Expresión poética galega, nº 36: A finais de 2013 viu a luz o número 36 da revista Dorna. Expresión poética galega. Como é habitual nesta publicación da Universidade de Santiago de Compostela, o número permite tomarmos a temperatura á talento do momento, tanto do país como fóra del. Nesta ocasión tiven a oportunidade de publicar o relato “Na barriga do vento”. [Ler conto n’ O levantador de minas]

*

Vivir un soño repetido (descargar epub): Libro de homenaxe da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega a Lois Pereiro [Ler máis en ‘Vivir un soño repetido’, libro electrónico de homenaxe da AELG a Lois Pereiro]

*

Pel con pel: “Cando neno —miña nai contoumo moitas de veces— eu era mal comedor. Mesmo cando me daban os biberóns tiñan que abrirme a boca e apertar o teto de goma para verter alimento dentro. O leite artificial tiña chegado á miña vida para salvarme da inanición a que as mamas da miña nai me condenaban. Mais como pode ter sido isto así? […]” [Ler máis en O sabor do amor]

*

FeijooLaiovento_250Feijóo, o galego e nós: “Recóllese neste libro un total de sesenta e oito artigos publicados na prensa galega -máis algúns procedentes de blogues e xornais dixitais- entre xaneiro de 2009 e mediados de marzo de 2010, até hoxe mesmo e desde que o candidato Núñez Feijóo decidiu asumir e amplificar o alcance das demandas galegófobas dun colectivo de falsaria denominación […]. O xeito pronominal que pecha o título Feijóo, o galego e nós non esgota o seu referente no colectivo de autores que dan corpo a este volume. Nós somos multitude. […]” [Ler máis en Feijóo, o galego e nós]

*

Dorna – Expresión poética galega, nº 33: “«O escritor Samuel Solleiro traduce ao galego unha pequena escolma da poesía do catalán Enric Casasses (Barcelona, 1951) no último número da revista Dorna, que editan a Universidade de Santiago e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. O número 33 da publicación que dirixe Ramón Lourenzo complétase con dous traballos críticos –Notas obre a nova poesía galega en voz feminina, de Henrique Marques Samyn, e Conflito persoal e vampirismo social: a ‘Velada de Londres’ de Manuel Lourenzo, de Rocío Dourado– e un amplo apartado de creación con pezas, entre outros, de Arturo Casas, Chus Pato, Iria Sobrino, Emma Pedreira, Marcos Calveiro, Alfredo Ferreiro ou Antón Dobao. […] [Ler máis en Xornal.com]

*

Proxecto Identidade é un libro surxido da colaboración de 54 persoas que integran, dun xeito ou outro, a rede galega de blogues: o chamado blogomillo. Autores: Besbe, J., X, dorfun, Cesare, neno congoxa, a Doutora Seymour, Rosa Enríquez, Torreira, lourixe, Alberte Couto, Marcos Valcárcel, arume dos piñeiros, aultre narai, oko, zerovacas, el duende, Spav, as lauridinhas, Anxo López, Xurxo Sierra Veloso, Débora Campos, An, Marcos S. Calveiro, Tedhead, Ramón Trigo, zimmer103, Beluka, Iago Urgorri, Wicho, ifrit, emereci, ictioscopio, ghanito, Jan, acedre, O´Fartura, Calidonia, Estíbaliz Espinosa, Lorena Souto, W. Sobchak, Gustavo Harvey, Mario Regueira, o pastor eléctrico, o moucho branco, Gustavo Sequeiro, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas, Tati Mancebo, arrais, elianinha, Parzival e opaco. Podes mercar unha copia física deste libro aqui.

*

ARTNATURA. Pola defensa da Rede Natura Galega. Pola defensa do medio natural galego, Santiago de Compostela: 2007, ADEGA-Concello de Santiago. Os escritores que participan son: Marilar Aleixandre, Glauco Antonio Amigo, Rosa Aneiros, Xurxo Borrazás, Darío Xohán Cabana, Fernando Cabeza, Francisco Castro, Olalla Cociña, Marta Dacosta, Lois Diéguez, Xoán Carlos Domínguez, Rosa Enríquez, Lobato, Yolanda López, Xulio Valcárcel, Ramón Loureiro, Xosé Miranda, Teresa Moure, Xesús Pereiras, Vicente Piñeiro, Xesús Rábade, Henrique Rabuñal, Daniel Salgado, Xavier Seoane, Xosé Vázquez Pintor, Miro Villar, Helena Villar e que isto escribe. Só o maravilloso catálogo da exposición merece unha ollada demorada, pola inmenso pracer que produce a interdisciplinariedade artística en favor dun único e tan xusto obxectivo.

*

Edición conmemorativa -en colaboración co Concello da Coruña e a Asociación de Escritores en Lingua Galega– do 800º aniversario da fundación da cidade, A Coruña reflíctese na escrita dos nosos autores e autoras: Cesáreo Sánchez, Felipe-Senén, Francisco X. Fernández Naval, Lois Diéguez, Margarita Ledo Andión, Mª do Carme Kruckenberg, Nacho Taibo, Salvador García-Bodaño, X. H. Rivadulla Corcón, Xavier Alcalá, Xavier Seoane, Xosé Vázquez Pintor, Xulio L. Valcárcel e Yolanda Castaño, entre moitos outros.Recomendamos os vídeos que fixemos sobre a presentación.

*

Aareia_AFerreiro_FDavoA areia que transforma punhos e conversas, Cadernos de Azertyuiop, nº 1 (A Coruña, 1995). En colaboración con François Davó.

*

“Visão do médium (Textos egoístas)”, en Sete Poetas (A Coruña, 1995). Lea a versión electrónica en Çopyright 11

*

TEXTOS CRÍTICOS:

Sefer Sefarad, de Pedro Casteleiro

“Escrever sobre este livro ou sobre um autor como Pedro Casteleiro, que palpita e sente muito antes do que pensa e descreve, só pode ser qualificado de ousadia poética. Lembro quando o conheci, de chapéu e agasalho comprido e entre todos os viageiros destacado como um Fernando Pessoa de um qualquer país afastado de si próprio, um país que sonha e semeia um tapete de poemas que poder pisar no dia da redenção vindoura. E ele de chapéu e de agasalho ali sentado, logo a olhar para mim e para o meu chapéu e o meu agasalho grisalho, como arribando exatamente ao mesmo país afastado que ambos os dois desejávamos enlouquecer […]” [Ler mais em A propósito de Sefer Sefarad]

*

“[…] A partir daqui oferecem-se umas interessantes disquisições sobre as dificuldades de mudar para português o galego que, partindo das experiências concretas destes fieis amantes e tradutores de poesia (Jorge Vilhena Mesquita e José Carlos Marques), bem deviam ser contrastadas com as paralelas de galegos se exprimindo em (seu) português, para podermos juntos discriminar o próprio e o partilhado assim como para liberar-nos da sombra permanente de uma espanholice que a galegos empece e a portugueses com demasiada frequência cega a respeito da cultura galega. […] Celebramos, portanto, mais um caminho para explorar a certa raiz comum galego-portuguesa, com o intuito de que uma galeguidade com futuro e uma portugalidade sem renúncias históricas possam chegar a ser aquecidas pelo lume ancestral da poesia. […]” [Ler mais em Poetas galegos precisam-se em Portugal]

*

“[…] É, na realidade, uma obra que revela o compromisso profundo com a procura da verdade, aquela que se oculta na floresta do coração assim como aquela que vagueia pelos caminhos de uma nossa sociedade que, melhor que evoluir, simplesmente repta. A verdade que não só ao poeta corresponde procurar, mas à alma que tenta cumprir o seu destino contra as forças demoníacas que a sepultam e a alimentam. […]” [Ler mais em De Herberto Helder, demónio inocente, a Ramiro Torres, apaixonado vidente]

*

“[…] O discurso ilumina-se com descrições a modo de summa de epifanias sapienciais, de catálogo de eventos gnósticos, de compêndio de casos em que a sabedoria, como vulcão, cospe matéria iluminada, vestígios de Verdade. É Esplendor arcano, em definitivo uma meditação sobre a vida, e esta apenas um sonho acesso, flamejante quando percebemos a natureza sacra do nosso ateísmo. Porque somos um vestígio do nosso futuro, e do mesmo modo que há uma árvore dentro de uma semente também há um ser harmônico dentro de nós; desse futuro, quando inspirados pela escritura ou a leitura, ligamos para nós próprios mercê à poesia: “Somos espuma de / uma idade vindoura” (p. 23). O arcano é, afinal, a fórmula do imanente, uma verdade que havemos de abstrair, compilar e interpretar enquanto não deixamos de apanhar as sujas pedras do caminho, ruínas do que seremos se cumprirmos o destino. […]” [Ler mais em De Herberto Helder, demónio inocente, a Ramiro Torres, apaixonado vidente]

*

O sentido dun final de Julian Barnes

“[…] O que me resulta obscuro é o sentido da novela contemporánea. Estamos ante un autor de recoñecido prestixio e unha obra que recibiu o Man Booker Prize en 2011. Non precisa da miña aprobación para triunfar no mercado internacional, evidentemente, mais non por iso vou deixar de opinar sobre o sentido que poda ter escribir unha novela como esta. Vexamos: o protagonista é un xubilado que, frustrado no plano amoroso, tenta imaxinar se unha antiga noiva pode chegar a ter un interese renovado por el agora que entraron na terceira idade, despois de que na xuventude o tivese abandonado polo seu mellor amigo; no medio dun disimulado coqueteo o que descobre é que a nai da pretendida chegou a ter un fillo co amigo de ambos, para sorpresa maiúscula do protagonista. Este é «o sentido dun final», e a xustificación dunha novela. […]” [Ler máis en O sentido dun final, de Julian Barnes]

*

“A lectura dun novo libro de Amadeu Baptista sempre supón enfrontar unha experiencia que non me deixará impasíbel. Por iso cando comecei a ler O ano da morte de Xosé Saramago (2010) e os niveis da máquina estético-intelectual subían até máximos raramente atinxidos na lectura, nada me resultou estraño.
Posúe este libro un estilo que boga entre a tormenta da imaxe sorprendente e o mar en calma do discurso directo sobre os asuntos vitais máis vulgares. Non oculta, neste sentido, unha marcada ideoloxía naquelas cuestións da rúa que todos pisamos, nunha actitude de outsider tan habitual nel, sen obviar unha crítica mordaz das políticas ultraliberais que o pobo despoxan do que é en xustiza froito do seu suor […]” [Ler máis en Poemas que nacen nun ventrículo atormentado]

*

“Presenta o libro tintes de gnosticismo laico, cunha perspectiva poética que resalta como instrumento útil para o coñecemento interior, para a perscrutación de todo aquilo que no ollar cotidiano non pode ser revelado.
E, como non podía deixar de ser na obra de Baptista, aparece a infancia retratada como un estadio de alta percepción do mundo nas súas grandezas e nos seus misterios, unha sabedoría natural que non debe ser esquecida para non caermos na soberbia de nos sentir o centro do universo. […]” [Ler máis en Poemas que nacen nun ventrículo atormentado]

*

“Resulta difícil, despois do enorme gozo que a súa lectura produce, clasificar Verde oliva. É sen dúbida unha novela histórica, ben situada no marco dos acontecementos da revolución cubana; é tamén unha intensa novela de espías, onde se nos mostran os pormenores das actividades que os revolucionarios desenvolveron nas urbes contra o poder de Batista, así como as súas manobras de ocultamento; é a autobiografía dunha muller que participou na súa adolescencia en accións que en varias ocasións estiveron a punto de custarlle a vida. […]” [Ler máis en Unha heroína por descubrir]

*

“[…] En primeiro, resulta ideoloxicamente oportuno visibilizar como se merece unha realidade social que as novas políticas reaccionarias do nacionalcatolicismo español pretenden manter oculta, para que non se produza de novo un enquistamento moral moi pernicioso para a cidadanía. En segundo, celebro que máis un traballo intelixente e rigoroso veña dar luz sobre a nosa literatura medieval, probablemente a máis rica de toda a cristandade hispánica no medievo. […]” [Ler máis en Amigos e sodomitas, de Carlos Callón]

*

“Hai silencios que son moi significativos, mais eu non podo por máis tempo calar: este ano participei nunha antoloxía de poesía que non me satisfai. Trátase da Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega. Apuntes para no disolverse en la común semilla del tiempo, con edición de Antonino Nieto Rodríguez para a editorial Endymion. Unha obra de case 900 páxinas publicada en Madrid en español. […]” [Ler máis en Unha antoloxía controvertida, se alguén falase dela]

*

“Pan de ánimas é, no panorama poético actual, un libro sorprendentemente profundo. Comeza por un poema que fala da escrita e no que, despois de dúas lecturas (isto para os muito intelixentes, e de ai para abaixo sempre a dobrar, como diría o Almada) se nos ofrece un fermoso xogo de claroscuros de sabor oriental, esa harmonía de contrarios que tan frecuentemente expresa o paradigma ancestral do Universo […]” [Ler máis en Pan de ánimas, de Xoán Abeleira]

*

“Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz, é en primeira instancia unha homenaxe literaria ao cinema. Isto é fácil de argumentar para calquera que teña reparado nas continuas citas de guións cinematográficos sementadas oportunamente por toda a novela, no apéndice final que referencia con ficha completa as obras homenaxeadas e noutras estratexias narrativas máis sutís. […]” [Ler máis en Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz]

*

“[…] Porque, se os xudeus foron un pobo sen terra, os galegos somos donos dunha terra maldita. Mais unha terra maldita non é en absoluto unha terra mala, é simplemente unha terra da que se fala mal: porque é pequena, porque medran as herbas, porque chove moito, porque non hai traballo, porque o traballo que hai é escravo, porque hai que abandonala e porque sen ela mal se pode vivir. A terra que, moi eficazmente, nos ensinaron a desamar.” [Ler máis en Ellis Island, de Georges Perec (trad. Eduardo Estévez)]

*

“[…] Saber que máis outro día atoparei un bon poeta que non coñecía, por exemplo, é en si mesmo un facto que me axuda a ter esperanza permanente. Foi o caso deste que recentemente traduciu o amigo Xoán Abeleira para Bartleby, e que chega a min nunha edición de bolso de gabán: máis de 400 páxinas en bilíngüe inglés-castelán, cunha documentadísima introdución de 60 páxinas onde o Xoán nos conta o constrastado périplo de Hudges polo sistema literario e 40 páxinas máis de imprescindíbeis explicacións dos poemas. […]” [Ler máis en Os poemas-tótem de Ted Hughes]

*

“Esta obra case lendaria de Enrique Vila-Matas pareceume un deses licores que sempre desexo ter perto, para aqueles momentos baixos en que é preciso reencontrarse co saber intenso da boa literatura. Trátase dunha noveliña que se apoia no aspecto formal no ensaio e argumentalmente constitúe unha sorte de investigación sobre un colectivo de acción artística. […]” [Ler máis en Un grupo ‘shandy’ galego?]

*

“Jerusalém, de Gonçalo M. Tavares, mostra ante todo un excelente modo de escribir. Cada vírgula e cada palabra están xustificadas e a estensión sintáctica é a estritamente necesaria en cada caso, tanto na reflexión filosófica canto na comunicación impactante; hai neste sentido un uso óptimo da alternancia entre estruturas longas e breves que fai moi amena a lectura. A crítica social que comportan as personaxes, tanto no nivel moral canto no profesional, por outra parte, está maxistralmente dosificada pois resulta evidente sen permitir que haxa unha perda de nivel literario. […]” [Ler máis en Jerusalém, de Gonçalo M. Tavares]

*

“A acción desta peza teatral transcorre no al-Ándalus do século XI, durante o reinado dun Al-Mutasim acosado polos reis musulmanos viciños así como por un Afonso VI que afianzaba o poder cristiano pola Spania adiante desde a solidez político-militar dunha dinastía galaica tan arraigada na época como ocultada pola historiografía española. Mais a perspicaz Catherine François non cae nos erros de tantos e representa un Al-Mutasim que trata o rei cristiano de “perro gallego”. […]” [Ler máis en Al-Mutasim de Almería, de Catherine François]

*

“Prólogo de Tati Mancebo: «Paula Gómez del Valle é a fotógrafa do aire que surcan as gaivotas, das conversas dos caracois. Só ela é capaz de atrapar a muller que é invisíbel aquí e onde queira que vaia, porque só ela é a conciencia da cor nos ollos de quen mira.
Paula desvela os Elos que conectan obxectos, temperaturas, sabores, texturas, entidades, molduras de diversa natureza, os mundos que se desatan entre os pelos dos fociños de quen non se sabe retratado ou na sopa da sopa, comesta polo tempo. […]” [Ler máis en ‘Elos’, de Paula Gómez del Valle]

*

“O pintor do sombreiro de malvas revela desde o inicio un argumento puído e ben equilibrado. Contén unha aventura adolescente no rural, un toque da dicotomía mestre-discípulo e o desarraigo social dun xenio das artes plásticas, todo isto nun ambiente campestre que resulta coherente coa lembranza cromática que podamos conservar dos cadros de Van Gogh. A historia decorre mansamente por mesurados capítulos en que os temas son debullados con intelixente mestría emocional, atrévome a dicir que no ronsel do mellor Agustín Fernández Paz. […]” [Ler máis en ‘O pintor do sombreiro de malvas’, de Marcos Calveiro]

*

“Na Praza de María, unha praza incógnita dedicada a unha señora que ben podería pasear calquera rúa do mundo con zapatos apresados e brillantes, soa un badalo que só nós escoitamos desde a casa. Nós, é dicir, o eu deste poemario e os seus mundos interiores, desde a súa propia atalaia a esculcar un terreo ermo, agreste, reflexo irónico dun baleiro psíquico (hai baleiros da alma / escondidos / nas pregas escuras / das nubes) que se alimenta do estatismo dunha vida fundamentalmente caseira. Unha sorte de furado negro que se engole a si mesmo, ou unha eterna ouróboros que, reconcentrada en si mesma, impide a conquista do espazo exterior así como o éxito que a exploración comporta. […]” [Ler máis en nós escoitando o badalo de marienplatz, de Eli Ríos]

*

“Moitos aspectos me agradaron nesta obra de Marcos Calveiro, mais sobre todo comprobar que os mundos literarios que crea mostran en cada entrega máis definición de aromas vitais, sen caer nunha complicación psicolóxica que algúns chaman moderna e a miúdo se revela como confusa. Si, a confusión é un dos estilos da actualidade, mais para mostrala con arte hai que saber ofrecer unha transparencia no obscuro mundo, unha luz emotiva en que o complexo por un momento -ou no tempo de ler unha novela- se torne clarificado e por tanto asimilábel. O creador entón cumpre a súa función, e mediante un arduo traballo de destilación -iso é o proceso creativo- atopamos unha luz e participamos na interpretación do mundo. […]” [Ler máis en Settecento, de Marcos Calveiro]

*

“A citación de Beckett con que Seoane enceta o poemario dirixe a percepción do lector ao certo centro da ideoloxía textual: “Inclinado a confesar un tempo que agoniza”. É dicir, o propósito de mostrar poeticamente unha valorización da etapa histórico-social que nos toca vivir e que o poeta, sensíbel ao novo imaxinario cultural que nos cega (“Non queda / eternidade / por camiñar / onde as fontes do soño / foron cegadas”, p. 121), detecta e canta con amargura desde o desexo de xustiza e harmonía. Expresa isto mediante a vinculación de símbolos telúricos e espirituais tradicionais como se así pretendese mitoloxizar o presente, lembrándonos a aura protectora do inmutábel sacroprofano, nun ton bárdico ou druídico que lle serve para representar a nación deitada na decadencia. […]” [Ler máis en Do ventre da cóbrega, de Xavier Seoane]

*

“Escribir sobre a poesía de Herberto Helder remíteme aos anos noventa, cando me atrevía a reclamar publicamente para a poesía galega poéticas surrealistas como as que representaban en Portugal Herberto Helder, Natália Correia, Mário Cesariny e António Maria Lisboa, entre outros. Nada me convencían os argumentos de Henrique Monteagudo e Claudio Rodríguez Fer sobre a nítida presenza de estilos surrealistizantes e a imitación excesiva de Helder entre os poetas galegos, pois semellaban tentativas de atribuír experiencias vangardistas infrutuosas a unha poesía galega asombrosamente pagada de si. […]” [Ler máis en Ofício cantante, de Herberto Helder]

*

“O amante japonês é un poemario dedicado a un automóbil: “Estes versos são escritos com a gasolina dos deuses / Que te dão alento”. A ironía de quen, lonxe de pretender unha louvanza futurista propia de hai cen anos, fala poeticamente dun obxecto que moitos consideran unha marca de personalidade, mesmo unha cualidade do carácter. Somos o que comemos, díxose metabolicamente un día, e di na actualidade o “home de éxito” que el é aquilo que conduce. Conducir, gobernar unha máquina de precisión ultramoderna, é un privilexio reservado para os auténticos comandantes da sociedade. Conducen o futuro nas estradas do presente, mentres as necesidades do pasado, demoradas, permanecen nas marxes da vía rápida.. […]” [Ler máis en O amante japonês, de Armando Silva Carvalho]

*

“Música de cinza semella ofrecernos o libreto da ópera da vida, aquela que interpretamos como substancia principal do destino. A música que consome a carne até a consecución da cinza, que representa o vivido, e na que dalgún modo repousan aquelas melodías da festa que chegou a termo, para só a lembranza ficar no arquivo de pulsións do corazón. Na liña da sensibilidade decadentista, no poemario de Forcadela vibran notas cargadas de nostalxia e pesimismo (“autocares […] cargados coa agonía da esperanza”, páx. 58) que, no contexto do monumento á “música da vida” (páx. 92) en que o libro se erixe, alberga impactantes reflexións a modo de preámbulos poéticos sobre temas como o erotismo, o tempo e mesmo unha esparexida microteorización sobre a ficción, o simbólico, a acción, a descrición, o proceso de escrita… […]” [Ler máis en As cinzas sonoras de Manuel Forcadela]

*

Caminos bajo el agua, de Catherine François“[…] Este libro é sen dúbida unha das obras que máis me teñen impresionado nos últimos anos. Son tantas as emocións que me produciu a súa lectura que debo recoñecer que non sei moi ben como renderlle a homenaxe que merece. Non me facía facía falta, estimo eu, terme aproximado durante anos ás artes marciais chinesas e a algúns textos taoístas para desfrutar dunha obra que contén tanta sensibilidade, tanta humanidade e tanta poesía, no sentido máis amplo do termo. Mais por ese lado tamén deu no alvo.. […]” [Ler máis en Camiños baixo a auga, de Catherine François]

*

Capa do libro A melancolía dos corpos, de Xulio L. Valcárcel

“Porque “somos o que recordamos” (p. 34) vivimos para ser. As experiencias rememoradas defínennos no inquérito permanente de perguntármonos quen somos. A nosa fórmula persoal é a cartografía do camiño andado, que através do filtro da memoria recuperamos e facemos presente imperfectamente. Si, os arquivos gardados son recuperados, inevitabelmente, de modo incompleto. Porén, os corpos son o único vestido con que nos proveron para viaxar e nel cada marca, cada cicatriz, cada ruga é testemuño daquilo que foi abandonado. Porque a vida é un percurso en que unha vida se deixa atrás.. […]” [Ler máis en A melancolía dos corpos, de Xulio L. Valcárcel]

*

“O poeta traballa coas sombras. Apaña as substancias que a memoria arquivou e con elas elabora unha visión do pasado. É, pois, avant la lettre, un artista plástico. As pedras da lembranza, aquelas que foron submetidas a decantanción polo transcurso do tempo, son os materiais con que a sensibilidade do poeta constrúe o texto. Deste modo os poemas deveñen sombras que o lóstrego da memoria proxecta no papel, pantalla oportuna, para o noso desfrute de espectadores: “Nunca / esquezamos a luz, a luz rarísima / que entraba polas fendas do faiado, / o que fica en min aínda lóstrego.” En Vento de sal referénciase así a recuperación poética do pasado, do que en rigor só se alcanza a ver no seu perfil sombrío, imposíbel de revivir para alén de nun sentimento perenne. […]” [Ler máis en Pepe Cáccamo contra as industrias criminais do tempo]

*

“A finais dos 90 don Manuel Molares Porto, ancián da igrexa de Ares, contactaba con Xavier Alcalá para comunicarlle o interese da comunidade evanxélica en publicar a heroica xesta que viña de protagonizar no século XX. Procuraban un rapsoda inspirado que elevase o seu pasado recente a rango de arte, para facilitar deste modo a lembranza e a reflexión sobre os esforzos tamaños que só pola fe inquebrantábel no Amor tiña logrado realizar a comunidade. Os acontecementos do pasado, convertidos en literatura, pasarían de ser reais a seren verdadeiros. Porque a Verdade, inapreensíbel racionalmente dos infinitos puntos de vista que a completan, só pode ser mostrada integralmente da perspectiva artística.. […]” [Ler máis en A noite acesa de Xavier Alcalá]

*

“Dicionario no aspecto externo, pois os poemas son titulados tan só con isoladas palabras a modo de listaxe lexicográfica (“Confusión”, “Nai”, “Poetas”, “Paciencia”, “Río”, “Pel”, “Civilización”…), no seu interior un rico imaxinario respira nunha reflexión humanista de grande fólego. As contradicións da experiencia vital que perturban o ser humano maniféstanse largamente no poemario como caos universal: a luz face á sombra, o lume face á auga, o silencio face á voz… Un eterno designio: “Estamos condenados / ao doloroso labirinto / de vivir.”. […]” [Ler máis en Dicionario do estremecemento, de Miguel Anxo Fernán Vello]

*

Antecedentes criminais de Amadeu Baptista

“Titulo esta breve presentación da obra de Amadeu Baptista tal como fixen a primeira vez que escribín sobre ela. Pasaron oito anos e viñeron máis dez novas obras, e a perspectiva que defendín na altura como específica da súa poética debe manterse; porque na súa obra o ser humano, puro e portanto divino de partida, continúa a ser descrito na súa polución permanente polo demoníaco através da experiencia da vida. Así, unha infancia saturnal continúa a ser unha das pedras basilares. A infancia de quen recoñece nas treboadas familiares un destino inmerecido, sobretodo para quen pola súa idade non debe cumprir penitencias.. […]” [Ler máis en Amadeu Baptista, o anxo delincuente]

*

“Así, con estes versos, Martín Veiga culmina a mensaxe que no libro debulla sen abandonar nunca o carozo principal: a dor polo tempo perdido da infancia, aquela época dourada en que a vida ofrecía froitos de sabor intenso, aromas e texturas imposíbeis de emular. A memoria dos tempos idos é o tema principal da obra, a lembranza daquelas vivencias en que a persoa se funda, o tempo en que o eu, aínda permeábel e poroso, se empapa coa densa realidade dunha chuvia e dunha terra mitificadas na madurez. Estes grandes impactos emocionais, como imperecedoiros cráteres dun astro en movemento inerte, son o as pedras preciosas de Fundaxes. […]” [Ler máis en O retorno do corazón de Martín Veiga]

*

“A lectura destes versos deseguida delata unha preferencia pola temática amorosa, declaradamente erótica en moitos casos (“… o seme é a escuma / das ondas que baten / na costa do teu corpo / onde afogan as angurias”, p. 77). Despois da ambientación telúrica, por veces de sensibilidade case machadiana (“Melancolía pouco orixinal / entre as follas tenues / dourados solpores”, p. 44) d’ O cerne das labaredas, en Flor do deserto preséntanos unha especie de road movie cunha emotividade que depara en ocasións no exceso e no amor dun só uso. Un erotismo de blue jeans suados no contexto dun deserto sen norte mergúllanos nun soño en que facemos nosos o vodú, o candomblé e os salaios can’t stand it (p. 94).. […]” [Ler máis en As máscaras de Cronos, de Ramón Caride Ogando]

*

“Con Rinocerontes e quimeras, de Marcos Calveiro, asistimos entusiasmados á aparición da novidade literaria, unha vez que a recoñecíbel cualidade da obra permite apreciar esta virtude. Non é só por ter escollido como protagonistas un grupo monstros que viven de mostrar a súa deformidade en público, nin pola ambientación ben representada da norteamérica de fins do dezanove, senón pola riqueza en xeral de motivos de época de elevada suxestión, como a introdución de escritores famosos no contexto das orixes do mundo editorial dos EUA, ao parecer tan suburbial e arrabaldesco como o secuestro e prostitución de obras literarias.. […]” [Ler máis en Rinocerontes e quimeras, de Marcos Calveiro]

*

“Amadeu Baptista envíame o seu último libro, Negrume, un poemario sumamente duro e descarnado. Ou mellor aínda –contradígome– nin descarnado é: os ósos limpos foron partidos cruelmente e dispostos nunha pira reflexiva que non deixa do pasado máis que as cinzas dun incendio incomprensíbel, que todo asolou. O poeta asume a tarefa dun cronista da desventura. Non é por tanto un ser triste, nin este un poemario triste ao modo do Só de António Nobre, pois na mesa de disección do pasado só hai sitio para a descrición poética dos desastres vitais e a asunción das consecuencias, e ningún espazo para a lamentación ou a simple queixa. […]” [Ler máis en Negrume, de Amadeu Baptista]

*

A cova da vacas mortas é un libro ousado, que pretende saír dos temas máis convencionais e radicar no rural unha historia trascendente. Parte da desventura presente do seu protagonista e remóntase a un pasado próximo e a outro anterior a este, desenvolvendo trechos de vida de tres xeracións da familia. Remata cunha alegación pola liberdade de forxarse o propio destino, e iso é meritorio. Sobre todo como mensaxe final, e non só para adolescentes. O tema principal recae no sentido común que demostra un rapaz que sabe o que quere, que se compromete cos retos que a súa vida lle pon no camiño, por duros que sexan. […]” [Ler máis en A cova das vacas mortas, de Jaureguizar]

*

“A primeira impresión que tiven ao ler Os libros arden mal foi que era un libro moi intencionado. Non pretende adherirnos a nunha nova ideoloxía, mais a homenaxe que rende ao pasado ten o propósito de asombrarnos cos nosos propios logros doutra altura. Sempre percibín nos vellos que o pasado debía ser esquecido, por doloroso, turbo e sucio. Porén, o pasado que nesta novela se trata, ao menos no primeiro tercio, é digno de lembranza e modelo a seguir. Non por tratarse en particular do anarquismo, senón por nel, tan estendido na Coruña na época, atoparse ideas válidas para hoxe que infelizmente aínda non atinxiron o lugar que merecen nunha sociedade progresista: o acceso xeral á cultura, a igualdade sexual, a democracia do consenso, o ecoloxismo…. […]” [Ler máis en Os libros arden mal, de Manuel Rivas]

*

“Desde o texto inicial, de grande fôlego e em prosa poética, reconhecemos a expressão de uma voz enjaulada no mesmo corpo que a suporta. Como se o próprio corpo fosse moldado como jaula para ocultar a sua verdadeira função aos olhos do indivíduo, por arte de um lendário encantamento. Criaram para ele o engano de que a casca do fruto é cárcere e não o fruto mesmo, a couraça que protege o que de valioso possui no interior. Aquilo que deve ser libertado no justo momento em que está pronto a germinar. Perdem-se assim, inevitavelmente os referentes ao positivo, o luminoso, e o bom recebe inexoravelmente a mácula do demoníaco: “cruzando o inferno, que é um jardim, que é um gesto autoritário, que é o esquecimento, que é a poesia”. […]” [Ler máis en A vida extrema, de Mário Herrero]

Share