Alfredo Ferreiro, Colaborações:

O Concello de Arteixo celebrará este venres 19 de maio a cerimonia de entrega de premios do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía

Cartaz 26º Certame Manuel Murguía (2017)Despois de ter dado a coñecer os finalistas, a organización do Certame anunciará a decisión do xurado e procederá á entrega de premios que se celebrará o próximo 19 de maio, venres, ás 20:00 no Centro Cívico e Cultural de Arteixo.

O xurado do certame, composto por Anxos Sumai (escritora e representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), Beatriz Rodríguez Rodríguez (profesora da Universidade de Vigo e representante da Asociación Galega da Crítica), Diego Giráldez (gañador da 25ª edición) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (coordinador literario, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), decidiu por unanimidade conceder os tres premios ás seguintes obras finalistas (por orde alfabética de autor):

Reversible, de Jesús Amboage García

Corazón de Aquiles, de Noelia Cendán Teijeiro

A semântica oculta de Mrs. Hockett, de Teresa Moure Pereiro

Os tres relatos finalistas serán galardoados con tres premios que contan coa seguinte dotación: 4.000 para o primeiro, 500 para o segundo e 300 para o terceiro.

O acto de entrega ofrecerá ademais outros alicientes para todos os asistentes: a actuación musical do grupo EJazz, as intervencións artísticas do colectivo XIPA (xoves ilustradores e pintores de Arteixo) e un viño de honra como fin de festa.

O evento incluirá ademais unha lembranza da figura de Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, mediante a proxección de “A luz de Carlos” en que se fai referencia á relación do autor ourensán con Arteixo.

Contacto: Alfredo Ferreiro (609 653 176)

Coordinador literario do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo

[Cfr. web municipal sobre o Certame]

Share
Standard