Portada Bases 26 Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo
Alfredo Ferreiro, Colaborações:, Narrativa, Prémios literários

“26º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía”

a garza insomne 2016 certame manuel murguia 250pxPor segundo ano asumimos a coordinación do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo, que en 2017 atinxirá a 26ª edición.

Os relatos [entre 15 e 30 páxinas] deben ser orixinais e inéditos (non publicitados en ningún soporte, físico ou dixital) escritos en lingua galega, enviados baixo plica antes do 1 de marzo próximo e cumprindo todas as condicións estipuladas nas Bases (PDF).

Os premios: O primeiro dotado con 4.000,00 €, o segundo con 500,00 € e o terceiro con 300,00 €, todos eles sometidos á correspondente retención.

Por costume, cada tres anos o Concello de Arteixo promove a publicación en papel dos relatos gañadores e finalistas. A nosa última edición foi A garza insomne. Certame de Narracións Breves Manuel Murguía 2013-2015 (2016), coa colaboración da Editorial Galaxia.

Información: Para dúbidas pódese chamar ao 981 659 100 do Centro Cívico Cultural ou escribir a cultura@arteixo.org“.

*

Advertência: Lembrai, autor@s em galego de todo o mundo, que este prémio advoga pela tolerância gráfica desde a sua fundação há mais de 25 anos, o que garante a liberdade criativa e a ausência de critérios político-linguísticos na valorização das obras apresentadas. Esta atitude socialmente inclusiva do ponto de vista linguístico é algo que nos orgulha especialmente e gostávamos fosse um exemplo a seguir por todos os prémios literários do país.

Alfredo Ferreiro
Coordenador do Certame

Share
Standard
certame manuel murguia de arteixo vencedores 2016 por nifunifa 1000px
Alfredo Ferreiro, Colaborações:, Poesia, Prémios literários, Vídeos

Entrega do Certame Manuel Murguia 2016

Este é um pequeno vídeo sobre o evento de ditame e entrega de prémios do “Certame de narracións breves Manuel Murguía” de Arteijo que em 2016, pola primera vez, me coubo a honra de coordenar. Devo agradecer a confiança que a equipa de governo atual, comandada por Carlos Calvelo, depositou em mim, assim como a lavor de organização do evento da equipa de Cultura do concelho, que com uma experiência de 25 anos não deixa nunca nenhum cabo sem atar. E, por suposto, à lavor dos anteriores coordenadores, Julio Mancebo Moreiras e Henrique Rabuñal Corgo, que deixárom um trabalho prévio impecável que só será, no melhor dos casos, possível atualizar.

O trabalho de câmara corresponde à nossa amiga Abo, a quem agradecemos a colaboração.

{Palavra Comum}

Continue reading

Share
Standard
Alfredo Ferreiro, Colaborações:, Narrativa, Prémios literários

Finalistas do “Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo”

logo Certame Manuel Murguia de Arteijo«Reunido o xurado o pasado 30 de abril, a organización do Certame anuncia os finalistas e céntrase na cerimonia de entrega de premios que se celebrará o próximo 13 de maio, venres, ás 19:30 no Centro Cívico do Concello de Arteixo.

Reunido o xurado, composto por Teresa Moure Pereiro (escritora), Marcos Sánchez Calveiro (escritor), Antonio Piñeiro Fernández (gañador da 24ª edición) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (coordinador, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), decidiu por unanimidade conceder os tres premios ás seguintes obras finalistas (por orde alfabética de autor):

O mérito da chuva, de Carlos Quiroga
Hai patios de luces tristes, de Diego Giráldez
A aranha de Sidney, de José António Lozano

Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000 € para o primeiro, 500 € para o segundo e 300 € para o terceiro.

O acto de entrega ofrecerá ademais outros alicientes para todos os asistentes: o volume A garza insomne, consistente nunha edición dos nove relatos finalistas das últimas tres edicións do Certame, a actuación musical do grupo 4 jazz, a plantación dunha árbore conmemorativa do 25º aniversario e un viño de honra como fin de festa.

O evento incluirá ademais unha lembranza musical e literaria da figura de Manuel María, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Para tal fin contarase durante toda a semana no recibidor do CCC cunhas láminas sobre a súa vida que remitiu a Xunta de Galicia e que foron completadas con outras elaboradas no Concello nas que se mostra a súa relación con Arteixo dende o ano 1996. O día 13 tamén estarán a disposición do público asistente algúns dos libros do autor da Terra Cha.

Contacto: Alfredo Ferreiro (609 653 176)
Coordinador do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo».

Share
Standard