“O PEN Galicia cabalga cara ao seu congreso internacional”

Artigo de Santiago Jaureguizar en El Progreso sobre o Centro Pen Galicia e a Feira do Libro de Bos Aires 2016 […]

Share

“Os nosos escritores coñecen outras gastronomías”

Artigo de Santiago Jaureguizar sobre o Centro Pen Galicia e a AELG […]

Share

A Asociación de Escritoras marxinada máis unha vez

Todos sabemos a estas alturas que a falta de recursos económicos do goberno galego está a ser unha arma sibilinamente utilizada para afogar os máis activos sectores culturais. Mais en ocasións o lobo non pode evitar que asomen con descaro os seus caninos por debaixo da máscara, e a súa vontade de depredador fica ao descuberto. O 18 de febreiro Ramón Nicolás lamentaba no seu louvábel Caderno da Crítica que nos actos anunciados para este ano de Celso Emilio Ferreiro non figurase a colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en que tantos e tantas con orgullo figuramos como socias, e que ten traballado como ningunha institución deste país pola dignificación da nosa literatura durante trinta anos. Como se isto non fose pouco, resulta especialmente triste que a súa Secretaria Xeral, Mercedes Queixas, se vexa na situación de explicar a posición da Asociación mediante un humilde mais necesario comentario no medio particular de Ramón: “Se a AELG tivese sido convidada estaría, sempre no exercicio das súas responsabilidades.” O asombro chega entón a límites insospeitados, e o descaro do responsábel político de cultura mostra xa unha tonalidade de declarada guerra fría: non semella isto un desprezo en toda regra, máxime cando é coñecido que a Asociación, como non pode ser doutro modo, está a traballar en diversos proxectos na memoria da obra de Celso Emilio Ferreiro? Prezadas amigas e amigos, esta actitude institucional dá a entender que o goberno actual non ten ningún respecto polas institucións culturais que manan do pobo, e que son na realidade o auténtico baluarte da pobre democracia que até a data neste país fomos capaces de construír. Desde a Xunta son preferidas, ao meu ver, accións que máis se asemellan a un novo feudalismo, ou se cadra á cara lavada dun caciquismo que nunca deixamos de padecer.

Share

Agustín, sinto que pertenzo a un pobo grazas a persoas coma ti

«Fernández Paz rexeita o Premio da Cultura Galega. O escritor, nun comunicado, declina aceptar o galardón e explica que os seus motivos están no manifesto que Prolingua publicou o 8 de outubro.»

Vía Somos un pobo grazas a persoas coma ti!.

«Agustín Fernández Paz non quere facer entrevistas “nin entrar en polémicas de ningún tipo”. O único que quere é que “isto pase canto antes” e co canto antes refírese á revolta que armou o martes pasado cando rexeitou o Premio da Cultura Galega, nunha acción de protesta pola política lingüística desenvolvida na Xunta polo goberno de Alberto Núñez Feijóo.»

Vía Agustín Fernández Paz: “Non buscaba este papel” | Galicia Hoxe.

«A Asociación de Escritores en Lingua Galega, coñecido o fallo dos Premios da Cultura Galega 2010, outorgados pola Consellería de Cultura, traslada os seus parabéns ao noso socio Agustín Fernández Paz, premiado nesta convocatoria por vontade do xurado participante, ao tempo que quere facer público o seu inequívoco apoio á decisión tomada polo noso Socio de Honra de non aceptar este premio.»

Vía Comunicado da AELG ante a renuncia de Agustín Fernández Paz a aceptar o Premio da Cultura 2010 | ::Axenda cultural AELG::.

Share