“Os aforismos do riso futurista (Autores galegos polo aforismo)”

Os textos acima publicados pertencem ao livro Os aforismos do riso futurista (Autores galegos polo aforismo), coordenado por Francisco Pillado e Xavier Seoane (Edicións Xerais, 2017). […]

Share

“Premios Xerais” 2017: alfaia do sistema literario

Premios Xerais ao vivo 2017

Mais un ano temos que agradecer a confianza de Edicións Xerais no noso traballo de emisión e crónica visual do ditame, entrega dos Prémios Xerais e posterior romaría fraterna. Este foi o resumo de outro día memorábel para a literatura galega e, por extensión, para a nosa cultura no seu conxunto. Para visualizar o vídeo da entrega de premios e as outras 15 entrevistas que realizamos a pé de illa pódese visitar Xerais TV. […]

Share

Premios Xerais 2017

Premios Xerais ao vivo 2017

Mais un ano viaxamos á Illa de San Simón coa ilusión de botar unha man na maior gala literaria do ano. Contaremos coa habitual pericia nas redes sociais de Ghanito e, pola primeira vez, coa profesionalidade de Aser Orbán comandando a cámara a edición de vídeo e de Tiago Alves Costa como cronista para a lusofonia (cfr. em breve na Palavra Comum). […]

Share

Premios Xerais 2016: festeiros, demorados e currantes

Premios Xerais 2016 11 b 1000

Galería de imaxes dos Premios Xerais 2016 realizada por Alfredo Ferreiro: “…aquí poderedes ver outras persoas que normalmente non saen nos vídeos nin nas fotos oficiais porque o seu cometido é colaborar en labores con pouca ou ningunha dimensión pública. Entre elas poderedes ver: operarias de cámara, twitteiros, directoras do evento, polbeiras e polbeiros, capitáns de embarcación, gardas, secretarias de xurados, operarios das instalacións…” […]

Share

Prémios «Edicións Xerais» 2015

Vídeo de Algueirada S. Coop. Galega sobre o ditame e entrega dos Premios Xerais 2015 celebrados na Illa de San Simón (Redondela). […]

Share

Prémios Xerais 2014

Mais um ano tivemos a honra de acudir a registar um dos maiores eventos do nosso sistema literário. Aqui deixamos os vídeos mais representativos, entre quase uma vintena deles sobre a entrega dos prémios e as entrevistas realizadas a premiadas e convidados.

Share

Xabier Docampo presentou A illa de todas as illas nas Portas ártabras

Edicións Xerais: “A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran a terra dicindo que escoitaran voces e que viran xentes que lles falaban en todas as linguas do mundo e que vestían como os que veñen nos libros antigos. Xabier P. DoCampo quixo render tributo con esta historia a todos aqueles fermosos libros de aventuras cuxas historias sucedían nunha illa deserta ou aparentemente inhabitada, obras que mantiveron, como di no epílogo, «o meu corazón alterado, as miñas emocións abrollando coma fontes da alma e moitas horas entregadas á lectura cando llelas tiña prometidas ao sono ou ao estudo».”

Tati Mancebo asistiu ao acto e gravou este vídeo para a ocasión.

Share

O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz

Varias son as lecturas de O rastro que deixamos. Ao testemuño directo de tempos que xa non existen máis que na memoria, podemos interpretar entre liñas os cambios no discurso e admirar o compromiso de Agustín Fernández Paz coa nosa cultura no seu empeño por relatar o universal desde a súa experiencia máis individual. Anos de amigos, de afeccións, de preocupacións e teimas mais, sobre todo, de esperanza e confianza nun mundo mellor. Para a miña xeración, dos anos sesenta, supón un privilexio contar co relato da nosa prehistoria máis recente escrita por un mestre da xeración intermedia entre a nosa e a dos nosos pais, presentado como un prato de pementos de Padrón coa súa síntese de sensacións encontradas. Moito temos que agradecer ao colectivo Avante que, a forza de vontade común, fixo realidade os libros de texto con que comezamos a estudar galego por primeira vez en moitos séculos, aos movementos de renovación pedagóxica e a tantas persoas que, nunca suficientemente recoñecidas, conseguiron facernos acreditar na nosa lingua e sabermos transmitir aos nosos fillos eses mesmos valores como señas imprescindíbeis da nosa identidade.

Tati Mancebo

Share

A noite branca, de Francisco Fernández Naval

No pasado decembro acudimos á presentación n’ Á lus do candil do último romance de Chisco Fernández Naval, unha obra de base histórica que se converteu en poucas semanas nun éxito editorial. Estas imaxes mostran parte do evento así como as palabras que o autor conceceu a OLM sobre certos aspectos da obra.

Share