Pedro Casteleiro e Igor Lugris, em foco desde Portugal

Igor Lugris e Pedro Casteleiro, em foco desde Portugal. Curso de Linguística Geral (Através Editora), do primeiro, e Sefer Sefarad (Azeta Edicións), do segundo, figuram atualmente como obras poéticas finalistas no Prémio Literário Glória de Sant’ Anna. […]

Share

“O importante é estarmos vivos”, dixo o pai do Cadáver

Finalmente, o Cadáver de máis de sesenta cabezas foi exposto en Ponferrada. Seu pai, orgulloso do portento, promoveu a visita de ducias de persoas, así como de poetas e xornalistas. Pagado de si, aínda puxo música e ofreceu bebidas ás visitas, como querendo contaxiar o mundo do aroma da súa satisfacción. Segundo parece, o Cadáver goza de plena saúde, até o ponto de non termos a certeza de se máis medrará nos próximos días. Vexan unha mostra na reportaxe de BierzoTV. Toda a información no Ovnis e isoglossas.

Share

Cadáver naceu, e agora crece

En febreiro deste ano Igor Lugris, que non sabíamos que estaba así preñado, un cadáver pariu que agora crece. O cadaverciño naceu pequeno, dun verso de comprimento e sete palabras de peso. A medida exacta que foi anotada na primeira hora é a do seguinte verso:

Há umha certa luz incomprensível na distáncia

Pai e fillo atópanse ben. Nas últimas semanas o menino multiplicouse por sesenta e continúa a medrar, nun ambiente en que tantos e tantas tentamos amamentalo e até apadriñalo (do último non se deixa, cun sorriso por resposta). Será ao final un fillo da comunidade, e anunciará simplemente coa súa existencia que algunhas utopías sempre son posíbeis. Ten que ser a arte quen reclame a necesaria asunción desta verdade. Da Verdade.

No post «Cadáver #12» de Ovnis e isoglossas ofrécese unha das moitas fotografías feitas á crianza:

«Há umha certa luz incompreensível na distáncia como umha porta de cristal fechada uma palavra no abismo da língua tócate, sen sabelo, esvara o conto é decidir cando acabar un home do sur preguntoulle se quería viaxar e ela considerou pasos cegos e desertos Avanzou en círculos, até os límites da súa propia sombra onde ofereceu a todos a maçã vermelha do seu peito

Igor Lugris Eugénio Outeiro Oscar Mourave lara do ar María do Cebreiro Xiana Arias Eduardo Estévez Tati Mancebo Alfredo Ferreiro

Mais um cadáver para a nossa colecçom de cadáveres, mais um cadáver para a Expo Cadáver, a exposiçom internacional de cadáveres esquísitos que celebraremos em Ponferrada, e na que aguardo ver a todas/os, ou a muitos/as, das/os participantes, para que recitemos entre todos os, por agora, 60 cadáveres! que já temos. Há um cadáver a caminhar pola rede!

Share