Premios Xerais 2017

Premios Xerais ao vivo 2017Mais un ano viaxamos á Illa de San Simón coa ilusión de botar unha man na maior gala literaria do ano. Contaremos coa habitual pericia nas redes sociais de Ghanito e, pola primeira vez, coa profesionalidade de Aser Orbán comandando a cámara a edición de vídeo e de Tiago Alves Costa como cronista para a lusofonía (cfr. em breve na Palavra Comum). Esperamos algún vento e algunha nube, a emoción de sempre nos premiados, xurados, convidados e organización e a sensación embriagadora de vivir nun país en que a alegría en volta da creación literaria é un dos mais prezados sentimentos nacionais. Parabéns adiantados a Edicións Xerais, cuxa experiencia e sensibilidade só poderá ofrecernos máis un éxito para as nosas letras e para o futuro común.

Edicións Xerais: «Conduce a cerimonia Celia Torres, directora de promoción e prensa de Xerais. Actúa como mantedor literario o escritor Xurxo Mariño e como convidada musical A Banda dos Cueiros.

No acto, que se desenvolve no auditorio multiusos, participan trescentas persoas do ámbito da cultura galega.»

Share

Premios Xerais 2016: festeiros, demorados e currantes

Son varios os anos que levo emitindo, gravando e facendo entrevistas aos protagonistas dos Premios Xerais. Cada ano, sen falta, a profesionalidade e bo gosto (tanto estético canto culinario) do equipo de Edicións Xerais consegue que a visita anual a esta illa literaturizada por primeira vez hai 800 anos se converta nun episodio da vida que moitos gardaremos para sempre no cofre máis selecto da memoria. Se ben é certo que as auténticas protagonistas son as obras premiadas, e que o foco debe dirixirse ás autoras e autores que conseguiron chegar ao bon porto das sensibilidades dos variados e espelidos xurados, existen outros axentes que fan posible que a Illa das Letras estoure en tan gostoso abano de sensacións.

Editora Edicións Xerais de GaliciaDeseguida comprobaredes que non son fotógrafo. Mais como usuario habituado a certos trebellos, se algún deles acaba na miña man non podo evitar usalo e deseguida acabo imaxinando algún tipo de narración coa que pretendo ofrecer un sentido ao conxunto. Desta volta, á par dalgunhas das varias centenas de personalidades do sistema literario que acoden para ser testemuñas de honra na publicación e entrega dos premios, aquí poderedes ver outras persoas que normalmente non saen nos vídeos nin nas fotos oficiais porque o seu cometido é colaborar en labores de pouca ou ningunha dimensión pública. Entre elas poderedes ver: operarias de cámara, twitteiros, directoras do evento, polbeiras e polbeiros, capitáns de embarcación, gardas, secretarias de xurados, operarios das instalacións…

Un aviso para a Socioloxía literaria. Acabei descubrindo, como un pseudoDarwin asombrado na súa propia terra, que existe un tipo especial de convidados a este evento: os demorados. Son estes convidados que veredes ao final sentados nun valado ou contra unha parede cando o sol se pon e o último barco semella retardar o retorno ao continente, eses que sentan a parolar, a abrazarse ou a apañar profundamente o ar da ría nos últimos instantes como querendo multiplicar os segundos, como desexando atopar a eternidade en cada inspiración, fixando para sempre no máis íntimo as mellores imaxes dunha tarde memorábel caracterizada pola fraternidade, o amor ao país, ás letras e á arte.

Coas luces da Ponte de Rande como pano de fondo, os convidados retornan poñendo rumbo ao porto de Cobres. Nós, os currantes, noutro sentido mais sen dúbida cordialmente na mesma dirección tomamos, xa de noite, rumbo a Cesantes.

Este slideshow necessita de JavaScript.

Share

Blogaliza.tv transmitirá o Premios Xerais desde San Simón

«O sábado, 12 de xuño, a partir das 19:00 horas, Blogaliza.tv transmitirá en directo a cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2010 que dende hai seis anos se celebran na illa de San Simón. […] Blogaliza.tv repite a experiencia desta retransmisión, facilitada nesta edición pola mellora das condicións técnicas das instalacións do Auditorio da illa de San Simón. Para a retransmisión, como informa Pedro Silva, responsable de Blogaliza, «utilizaránse estándares abertos e software libre, a cadea de distribución de audiovisual baseada en Theora, dende a cámara ata o navegador. As melloras dos sistemas de reprodución de video en tempo real fan máis facil o emprego da etiqueta <video> como receptor universal de imaxes en streaming. E a calidade tamén vai mellorando.»

Share

Conversas nos Premios Xerais 8/8

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/EiTsUuemh1w" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Share

Conversas nos Premios Xerais 7/8

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/0YpKQAlNPUY" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Share

Conversas nos Premios Xerais 6/8

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/W9IqXhT4UIY" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Share

Conversas nos Premios Xerais 5/8

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/io-Qh96Ltio" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Share

Conversas nos Premios Xerais 2/8

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/WGIKNzuhyCI" width="320" height="240" wmode="transparent" /]

Share