Alfredo Ferreiro, Colaborações:, Colóquios, Música, Narrativa, Poesia

Día das Letras Galegas (2&3)

«Semana das #letrasgalegas con actividades e dentro da programación cultural do Concello da Coruña
A Libreria Formatos súmase coa seguinte axenda:

Mércores 17, ás 12:30h.
• Xavier Alcalá achéganos a figura de Carlos Casares.
• Recital poético con #PedroCasteleiro, #EstibalizEspinosa e #XavierSeoane.

Xoves 18, ás 19:45h
• Presentación do novo título da editorial Figurandorecuerdosedicions, “#AAlquitara” de #Troubs, na primeira traducción ó galego. Presentación a cargo do escritor #SéchuSende e a editora #rosaespiñeirapan.
• Inauguración da exposición “A Alquitara” con reproduccións en gran formato da obra deste recoñecido pintor/debuxante/creador francés e proxección.»Letras Galegas 2017 Bitacora

* * *

«Hoxe às 21:00 – 22:30, no BITÁCORA Santa Cristina (Avda. das Américas, 55, 15172 Santa Cristina, Galicia, Spain) queremos celebrar o día das Letras Galegas cun acto festivo e multidisciplinar. Queremos achegar dun  xeito ameno a nosa cultura á xente. E para iso nada mellor que facer un recital de poesía, unha charla sobre narrativa e todo acompañado da fantástica música de Carla López (Mielitza). Estades tod@s convidad@s ;-)».

Share
Standard
Alfredo Ferreiro, Colaborações:, Narrativa, Sociedade

“A ollada do señor Manuel” (Grial 209)

Manuel Molares por Nifunifa 1

Manuel Molares por Nifunifa (2016)

«Os cen anos de Manuel Molares pesan no meu cerebro como un concepto imposible de asumir. Por fóra co seu abrigo incólume, a súa gravata no punto e o seu aquelado chapeu; por dentro unha guerra enteira que non cesa, con marchas baixo o fogo inimigo, a primeira liña ás ordes do inimigo, a posguerra acosado polo inimigo, sometido ás ultraxes do inimigo, tolerando os privilexios do inimigo, calando ante as mentiras do inimigo, sufrindo as leis e as ilegalidades do inimigo… E face a isto, un corazón heroico que nunca deixou de encomendarse a Deus e nin de traballar polos homes. Continue reading

Share
Standard
certame manuel murguia de arteixo vencedores 2016 por nifunifa 1000px
Alfredo Ferreiro, Colaborações:, Lusofonia, Narrativa, Prémios literários

Vencedores no Certame literário de Arteijo

a garza insomne 2016 certame manuel murguia 250px«Os prémios conhecêrom-se durante a cerimónia celebrada durante a noite de ontem, 13 de maio às 19:30 hs no Centro Cívico do Concelho de Arteijo. Durante o ato de entrega, que foi comandado polo professor e escritor Henrique Rabunhal, o novo coordenador do certame, Alfredo Ferreiro, apresentou o volume A garza insomne, que recolhe os nove relatos finalistas das  anteriores três edições, e sobre o que valorizou “a colaboração do fotógrafo Xacobe Meléndrez, cuja garça real preside a portada do livro; e também o trabalho esmerado e rigorosamente profissional de Galáxia, editora que nos honra colocando o nosso livro na sua coleção literária principal, fato que assegura a sua máxima divulgação”. O escritor Xavier Alcalá interveio em representação da editorial e confirmou o interesse de Galáxia em apoiar os criadores e as criadoras dentro e fora do país, para o que está empenhada na atualidade na sua modernização e internacionalização, nomeadamente nos mercados hispanófono e lusófono.

A continuação o coordenador leu a ata do júri, composto polos escritores Teresa Moure Pereiro, Marcos Sánchez Calveiro, Antonio Piñeiro Fernández (vencedor na 24ª edição) e Alfredo Ferreiro (coordenador que assistiu como secretário, com voz e sem voto), em que se revelava que  tinham decidido por unanimidade os três prémios dos finalistas:

1º Prémio, com 4.000 € e a publicação da obra, para o relato “Hai patios de luces tristes”, de Diego Giráldez;
2º Prémio, com 500 € e a publicação da obra, para o relato “O mérito da chuva”, de Carlos Quiroga;
3º Prémio, com 300 € e a publicação da obra, para o relato “A aranha de Sidney”, de José António Lozano.

grupo 4 jazzO evento contou com a atuação musical do grupo 4 jazz, que interpretou temas com letra de Manuel Maria assim como outros dos cânones líricos galego, português e brasileiro.

A velada tinha começado com a plantação de uma árvore comemorativa do 25º aniversário do Certame em que luz uma placa com a seguinte legenda: “Com raízes na Terra / a língua medre / e a literatura floresça”. Como fim de festa, ofereceu-se uma refeição de convívio na sala de exposições do Centro Cívico.

A esta edição do certame apresentárom-se 72 obras originais, das que 60 fôrom selecionadas para a valorização do júri por cumprirem devidamente as bases.

Alfredo Ferreiro
Coordenador do Certame».

Share
Standard
Alfredo Ferreiro, Colaborações:, Narrativa, Prémios literários

Finalistas do “Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo”

logo Certame Manuel Murguia de Arteijo«Reunido o xurado o pasado 30 de abril, a organización do Certame anuncia os finalistas e céntrase na cerimonia de entrega de premios que se celebrará o próximo 13 de maio, venres, ás 19:30 no Centro Cívico do Concello de Arteixo.

Reunido o xurado, composto por Teresa Moure Pereiro (escritora), Marcos Sánchez Calveiro (escritor), Antonio Piñeiro Fernández (gañador da 24ª edición) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (coordinador, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), decidiu por unanimidade conceder os tres premios ás seguintes obras finalistas (por orde alfabética de autor):

O mérito da chuva, de Carlos Quiroga
Hai patios de luces tristes, de Diego Giráldez
A aranha de Sidney, de José António Lozano

Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia, contan coa seguinte dotación: 4.000 € para o primeiro, 500 € para o segundo e 300 € para o terceiro.

O acto de entrega ofrecerá ademais outros alicientes para todos os asistentes: o volume A garza insomne, consistente nunha edición dos nove relatos finalistas das últimas tres edicións do Certame, a actuación musical do grupo 4 jazz, a plantación dunha árbore conmemorativa do 25º aniversario e un viño de honra como fin de festa.

O evento incluirá ademais unha lembranza musical e literaria da figura de Manuel María, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Para tal fin contarase durante toda a semana no recibidor do CCC cunhas láminas sobre a súa vida que remitiu a Xunta de Galicia e que foron completadas con outras elaboradas no Concello nas que se mostra a súa relación con Arteixo dende o ano 1996. O día 13 tamén estarán a disposición do público asistente algúns dos libros do autor da Terra Cha.

Contacto: Alfredo Ferreiro (609 653 176)
Coordinador do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo».

Share
Standard
logo Certame Manuel Murguia de Arteijo
Alfredo Ferreiro, Breves, Colaborações:, Narrativa, Prémios literários

Finalizando o prazo para o Certame de Narracións Breves Manuel Murguía

logo Certame de Narracións Breves Manuel MurguíaPara aquel@s interesad@s na narración breve en galego, lémbrovos que o 29 de febreiro finaliza o prazo para enviar ao Certame de Narracións Breves Manuel Murguía chega ao cabo. Este prestixioso certame, que despois de 25 anos de andaina me coubo a honra de coordinar, ten un ano máis as mellores expectativas na creatividade literaria do país.

Para quen non coñeza aínda as BASES, o Concello de Arteixo dispuxo unha páxina en que se detalla todo o necesario para participar, para alén de facer cumprida referencia ás persoas que neste primeiro cuarto de século gañaron, foron finalistas, xulgaron, organizaron, premiaron e colaboraron de diversos modos co Certame.

E por se alguén aínda non reparou, este é un dos premios que na Galiza respecta a normativa do texto, calquera que sexa. Porque a tolerancia gráfica permite a liberdade creativa, e a liberdade creativa é campo aberto para a inspiración.

Share
Standard