“A ollada do señor Manuel” (Grial 209)

Manuel Molares por Nifunifa 1

Manuel Molares por Nifunifa (2016)

«Os cen anos de Manuel Molares pesan no meu cerebro como un concepto imposible de asumir. Por fóra co seu abrigo incólume, a súa gravata no punto e o seu aquelado chapeu; por dentro unha guerra enteira que non cesa, con marchas baixo o fogo inimigo, a primeira liña ás ordes do inimigo, a posguerra acosado polo inimigo, sometido ás ultraxes do inimigo, tolerando os privilexios do inimigo, calando ante as mentiras do inimigo, sufrindo as leis e as ilegalidades do inimigo… E face a isto, un corazón heroico que nunca deixou de encomendarse a Deus e nin de traballar polos homes. […] Ler mais

Share

Unha heroína por descubrir

Resulta difícil, despois do enorme gozo que a súa lectura produce, clasificar Verde oliva. É sen dúbida unha novela histórica, ben situada no marco dos acontecementos da revolución cubana; é tamén unha intensa novela de espías, onde se nos mostran os pormenores das actividades que os revolucionarios desenvolveron nas urbes contra o poder de Batista, así como as súas manobras de ocultamento; é a autobiografía dunha muller que participou na súa adolescencia en accións que en varias ocasións estiveron a punto de custarlle a vida. Porén, a carón dos datos exactos e singulares de quen viviu con intensidade un dos maiores acontecementos políticos de Occidente, subxace na obra unha humanidade que, habilmente temperada por Xavier Alcalá, cataliza no relato a profundidade emocional da verdadeira literatura.
Mariana pertence á burguesía media-alta da Habana. Detesta os abusos do poder autoritario de Baptista e decide apoiar na cidade o proceso revolucionario mediante a transmisión de información secreta e a recadación de fondos para o confronto militar. Era unha fina flor que gozaba de estudar inglés e acudir ás festas con elegantes vestidos e zapatos altos, mais axiña se revelarán a súa valentía e un compromiso invulnerábel co pobo que a acolleu. Unha vez estes valores florecen no relato, estamos ante o testemuño dunha auténtica heroína inmersa nun ambiente prebélico de densa e perigosa espionaxe urbana.
Como acontece tantas veces na novela negra, o cerco vaise estreitando ao redor de Mariana e por isto debe abandonar o seu traballo e botarse ao camiño, na procura do contacto co exército revolucionario que da Sierra Maestra está a piques de caer sobre as chairas e as cidades. Así devén un duro periplo por estradas secundarias, entre as sombras cómplices das facendas e os ruídos delatores dos cans, sempre a temer un control do exército e a rogar a axuda de paisanos con vontade de colaborar coa revolución. Chega finalmente á serra, mais alí o esforzo non dá o froito desexado. Para Mariana a vida, reducida aos mínimos de dignidade e alimento, é un animal que repta buscando algunha protección. Entón prodúcese unha nova viraxe do destino, e a espía habaneira convértese en moeda de cambio nunha complicada trama político-militar. […] Ler mais

Share