Breves, Colaborações:, Língua

Teresa Barro (Sermos Galiza): […] A Real Academia Galega está actuando como se non entendese que unha normativa non pode virar unha dogmativa, que normas e dogmas non son a mesma cousa e que as normas sempre se poden mudar e cuestionar porque non hai nengunha verdade ¨relixiosa¨ por detrás delas. Pensar que un determinado enfoque e unha determinada normativa da língua galega son sagrados e non se poden nen discutir é mais proprio dunha secta que dunha institución que non pode estar para dictar, expulsar, proclamar dogmas e aupar santos. E moito menos para perxudicar a Galiza con comportamentos que a deshonran e a fan parecer atrasada.

Share

«Unha normativa non pode virar unha dogmativa»

Citação
Alfredo Ferreiro, Colaborações:, Jornalismo

Os valores de uma civilização

Quando ouço falar em Grécia como berço da civilização ocidental pergunto-me até onde influiu a cultura clássica no modo de ser dos vários povos de Europa, entre eles a Galiza. Atribui-se aos gregos o mérito de nos conquistar com sua mente racional e filosófica, com suas colunas de complexos efeitos óticos, com sua estética do vertical sobre o horizontal, com seu espírito masculino sobre um tépido e domável mar, e não sei onde isso tudo se pode achar na história e na idiossincrasia do meu país, aquele que sempre destacou por albergar ancestrais tradições mágicas, pola criação poética, polo protagonismo de seus inúmeros rios e requintados portos de mar, pola estética da viçosa e anárquica floresta, polo seu espírito feminino à beira de um generoso, infindo e bravo oceano.

Reparo, em definitivo, no Pártenon e não vejo nada comparável salvo a sensibilidade que implica venerar o Monte Pindo como um tributo da terra ao mar, um lugar de encontro que só uma mente subtil, milenária e sábia é capaz de apreciar, como um diamante que não foi talhado porque o seu valor era percebido sem necessidade da nossa intervenção.

{Sermos Galiza}

Share
Standard
Alfredo Ferreiro, Colaborações:, Críticas e referências, Poesia, Tati Mancebo

Mundo maquinábel, de Táti Mancebo

Mundo maquinábel, de Táti ManceboMundo maquinábel oferece petiscos da vida comum à luz de uma perspectiva mágica e misteriosa, de modo a revelar-nos nos pequenos fatos da existência o sentido oculto da vida, a autêntica, substanciosa e profunda que corre sob a superfície do quotidiano.

O mundo torna-se «maquinábel» porque aquelas energias tão simples ou vulgares podem ser entendidas como manifestação de uma poderosa máquina que, por ação e inação de alavancas e processos ocultos, produz as realidades que percebemos como nosso destino. Assim, tudo o que existe se comporta como o que é devido ao misterioso funcionamento da grande máquina universal que dá lugar ao mundo. É uma perspetiva de partida mais mecanicista do que espiritual, e porém esotérica à vez que materialista.

Tati ManceboEntre as experiências fundamentais da vida figuram percepções básicas como o «frio» (“O frio é o que primeiro se esquece”; “E aínda me pergunto quanto frío son capaz de atesourar”), o «percurso vital» (“Atravesamos unha ponte que desaparece ao noso paso”), a «incerteza perene» (“Cheiráballe tanto a súa confusión”; “Unha dúbida marca o movemento”) e a “experiência do outro” (“Ti devólvesme o eu multiplicado”). Continue reading

Share
Standard
Colaborações:, Tati Mancebo, Tecnologia

Debullando no Blogomillo

«Os tópicos instálanse e axiña fican como verdades incuestionadas. Dise que o blogomillo está morto, que non resistiu o avance das redes sociais. Mais é realmente así? Seguen a ser moitos, exponencialmente máis que nos momentos en que a etiqueta se acuñou, os blogues en galego. A súa vixencia mantense como arquivo e como espazo da escrita máis repousada. Tati Mancebo, a coordenadora deste A Fondo, guíanos nesta viaxe pola blogosfera galega actual.»

{Suplemento de Sermos Galiza}

Share
Standard
Breves, Colaborações:, Entrevistas, Jornalismo, Redes sociais, Tati Mancebo, Tecnologia

“Dicir que o blogomillo está morto é un tópico”

Táti Mancebo

Táti Mancebo

B.P.Hai xa máis dunha década que María Yáñez dicía iso de “outra vaca no blog (millo)”. Eran aqueles momentos de eclosión. Mais dunha década despois, as redes sociais semellan telo deixado en segundo lugar. Ou tal vez haxa xa tantas ducias e centos de vacas na leira que xa non sexa pertinente unha etiqueta para nomear unha comunidade emerxente. Analizámolo con Tati Mancebo, a coordenador dun A FONDO que sairá a rúa, conxuntamente co número 121 do semanario Sermos Galiza, esta quinta feira 6 de novembro.

-Levamos algo máis dunha década de blogomillo. Cal é a pertinencia de abondar na actualidade dos blogues, como se fai neste A Fondo?

-As redes sociais céntranse no concepto de inmediatez, mentres que os blogues o fan na idea de almacenamento e organización permanentes de contidos. Os perfís das redes sociais son entidades que se definen en relación ás súas redes de contactos, mentres que os blogues foron e seguen a ser diarios, individuais ou grupais, de comunicación co mundo, coa intención de chegar a toda persoa que poida interesarlle un tema ou o un punto de vista particular sobre ese tema.

-Que terías que dicir fronte á quen di que o blogomillo está morto?

-É un tópico similar a outros tantos que parte dunha necesidade de definir que temos as persoas. Dicir que algo está morto é unha boa maneira de poñernos a pensar que é, aínda que acabemos chegando á conclusión de que non estaba tan morto como parecía.

-Que aspectos concretos do blogomillo se tratarán neste A Fondo e por que?

-Tentamos mostrar unha visión máis ampla do panorama que habitualmente se pinta. Cando se escribe sobre blogues, axiña aparecen nomes como os de Manuel Bragado ou Manuel Gago, dous exemplos de pioneiros que seguen a ser dos máis relevantes na nosa comunidade, mais esta vez ímonos desculpar con eles e mostrar outras vertentes, tanto en referencia aos contidos, como aos autores. Por exemplo, Mallando no Android é un blogue colectivo que está entre as páxinas en galego máis vistas, e é un blogue […]».

{Ler mais em Sermos Galiza}

Share
Standard
Alfredo Ferreiro, Colaborações:, Jornalismo, Sistema literário

Xerontocracia

Alfredo Ferreiro: «O sistema literario é neto dos intelectuais que na caverna franquista conservaron o vello galeguismo e lograron a transmisión do legado até a morte do ditador. As nais do sistema pertencen a outra xeración: son as que traballaron desde a transición democrática para a construción dunha progresiva normalidade cultural. Crearon asociacións de escritores, editoriais, impartiron galego na escola, ergueron unha televisión e unha radio e divulgaron a cultura colaborando co vasto tecido asociativo que florecía paralelamente á agonía de Franco. Son a xeración do teatro, do cinema, da plástica moderna, da canción e da ecoloxía, e lograron fundir compromiso intelectual e galeguismo.
Mais a crise económica chegou e está a ser utilizada pola crise do Estado contra o federalismo ou a independencia, lícita desde que democrática, dos pobos de España. Nesta situación, un dos maiores problemas é o desaproveitamento de recursos humanos: as institucións culturais reservan o poder para unha intelectualidade cunha media de idade excesiva, o que fai que ao menos dúas das súas xeracións máis novas fiquen excluídos na toma de decisións encanto está a acontecer unha revolución nos modos de difusión cultural. Debe aproveitarse con urxencia a mundialización para mostrármonos sen os referentes da españolidade, se non a cultura galega en breve non pasará de ser unha lembranza de vellos conversando ao solpor. Di isto quen xa non se conta entre os novos, aínda que outros sempre o vexan así.»

{Sermos Galiza, 12/12/2013}

Share
Standard
Críticas e referências, Livro electrónico, O levantador de minas, Poesia

Un libro de Tati Mancebo inicia a publicación dixital de inéditos de Sermos Galiza

Cun libro de poesía da escritora e xestora cultural Tati Mancebo, Sermos Galiza aventúrase no mundo da edición dixital a través do formato epub. Mundo maquinábel, que agrupa dous poemarios da autora, é o primeiro dunha serie de títulos inéditos que irán saíndo progresivamente e que se poderán mercar a través da loxa con acceso no portal de Sermos Galiza. Rafa Villar será o autor do segundo libro publicado por este formato.

A nova colección non podería xurdir cunha autora máis entusiasta coas posibilidades do mundo dixital para a difusión da cultura. Xestora cultural, dinamizadora e coñecedora das novas tecnoloxías na súa aplicación á cultura, Tati Mancebo acolleu con singular ilusión o novo proxecto de Sermos Galiza e ofrécenos agora os argumentos que explican o seu apoio decidido á proposta. “Ao meu ver é un exemplo para o mundo editorial no que aínda que se fixo algún experimento con epubs non se asentou de maneira decidida. O maior esforzo de edición dixital deuse en vender pdfs mais agora estamos a falar dun formato creado especificamente para libros electrónicos”, explica Mancebo.

Cal é a ventaxa do epub? “Pois é un formato fluído, non unha imaxe como o pdf, os programas que os len recoñécenos como textos e fanos refluír pola pantalla”. Para Tati Mancebo, varios son os argumentos que a fan apostar pola edición dixital, a primeira en poñer en circulación obras a prezos moi baixos. “Permite unha maior difusión dos libros, a prezos económicos. Os autores e autoras, co libro publicado, teñen outras saídas como presentacións ou conferencias”, explica a tamén xestora cultural. O prezo dos libros na nova colección dixital será de 0,90 € […].

Mundo maquinábel contén dous poemarios da autora que toman un título con reminiscencia de Risco para a súa saída ao público. “O primeiro nace ao fío da tradición esotérica que cultivaron na súa xeración. A poesía é a linguaxe que che permite expresar o que non é expresábel noutros modos”, apunta Mancebo dunha concepción da poesía na que entende que “ten que provocar unha conmoción ao lector que o leve a outro sitio onde non pode chegar o poema”. O libro recolle dous poemarios, o primeiro “Nós quen” nace arredor da identidade, en progresión dun ser local que é, ao tempo, universal. O segundo, “Manual de movementos” é un traballo máis experimental xogando a uns límites máis amplos, co fin de provocar sensacións que se acheguen a espazos que non teñen por que ser reais mais que poden ser compartidos por outras persoas. “Trátase dunha mestura de sensacións, luces ou sons”, apunta […]. {Ler máis en Sermos Galiza}

Share
Standard