“Os aforismos do riso futurista (Autores galegos polo aforismo)”

Os textos acima publicados pertencem ao livro Os aforismos do riso futurista (Autores galegos polo aforismo), coordenado por Francisco Pillado e Xavier Seoane (Edicións Xerais, 2017). […]

Share

“Para una luz ausente”, de Xavier Seoane

Apresentação de "Para una luz ausente", de Xavier Seoane

Cara ao fim do mês presente terei a honra de participar nesta edição espanhola da obra com que Xavier Seoane venceu no XIV Prémio de Poesia Espiral Maior, e que de partida veu à luz na mesma Espiral Maior em 2006. Não vou repetir o que já tenho escrito sobre esta obra, nem deixar de reconhecer a muita honra que para mim supõe participar na apresentação da obra de quem não deixou de ser um referente para mim desde a adolescência no terreno da poesia, do amor às artes e em geral da reflexão permanente que a cultura merece desde o âmbito intelectual. […]

Share

“Medre o mar!”: homenaxe a Bernardino Graña

 

«Medre o mar! é o título dunha homenaxe nacional a Bernardino Graña que se celebrará na Coruña o sábado 1 de setembro, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e o Colectivo ArTeu, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega. O programa está composto polas seguintes actividades:

MIRANDO O MAR. No Parque da Torre de Hércules, zona dos menhires. – 11:00 h. Os artistas crean arredor da obra do poeta, sendo expostas pola tarde no patio da Reitoría (Maestranza) da Universidade. Con: Carlos Botana, Carmen Cierto, Alfonso Costa, Suso Cubeiro, Inma Doval, Rubén Mariño, Martazul, Miguel Melero, Augusto Metztli, Mercedes Molares, Begoña Pastoriza, Ánxela Pérez Meilán, Isabel Pintado, Soledad Pite, Tino Poza, Mely Secas, Nolo Suárez e Begoña Tojo. – 12:00 h. Contacontos e lecturas dramatizadas, a cargo de Ana Hermida e Zezilia Meléndrez. – 12:45 h. Outras voces, recital. Con Natalia Concheiro, Berta Dávila, François Davo, Alfredo Ferreiro, Nolim González, Denís Graña Fernández, Tati Mancebo, Mou de Lugh, Alexandre Nerium, Begoña Paz, Alexandre Ripoll, Dores Tembrás e Ramiro Torres.

PASAR A MAROLA. Na Dársena. – 16:45 h. Travesía polo mar da Coruña. Con Anxo Angueira, Xabier P. DoCampo e Luís Dopico. É preciso reservar previamente no correo oficina@aelg.org ou no teléfono 981-133233, de 10:00 a 14:00 h. As prazas son limitadas, e o prezo é de 5 euros. – 18:00 h. Marcha gaiteira en louvanza do poeta, con Maghúa, Peixe e amigos e Os Vicentes de Elviña.

MEDRE O MAR!. Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza. – 18:30 h. Acto poético-musical, con proxeccións audiovisuais. Coa participación de: Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Marica Campo, Marta Dacosta, Lois Diéguez, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Millán Otero, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela Puñal, A Quenlla, Pablo Coello e Xacobe Meléndrez Fassbender, TingaLaranga Audiovisual, Coro mar das Acentes e Xurxo Souto.» {Vía Axenda Cultural AELG]

Share

A rocha imantada (Aforismos 1984-2009), de Xavier Seoane

O aforismo, esse estranho híbrido mutante entre poema e reflexão, tem sido um campo onde poucos autores têm explorado até agora. Porém, é um dos múltiplos espaços habitados por Xavier Seoane para nos transmitir parte do seu trabalho criativo: Irispaxaros /Arca cotidiana e o Hai suficiente infinito, feito com Antón Patiño, foram as anteriores incursões do autor corunhês, às que se soma agora A rocha imantada (Aforismos 1984-2009), publicado recentemente por Laiovento. O livro vem dividido em onze partes, cada uma presidida por formosas ilustrações do próprio autor, seguindo um critério temático para os aforismos recolhidos nelas, desde as homenagens a livros, livreiros e autores preferidos até passeios no mundo com olhos especialmente despertos para a maravilha e um tanto libertinos e irônicos em relação ao que nos rodeia. Pessoalmente encontrei autênticas alfaias que abrem insinuantes portas secretas, onde se nos concede um lugar inabitual desde o que entrar, com vagar e subtileza, em espaços virados para uma notável sensibilidade. Percebe-se bem neles um ponto de luz intensa que lembra a essencial densidade da criação poética. Deixo aqui estes exemplos, entre muitos outros:

“Quen desprece o silencio xamais terá voz”. Pág. 16. “Poética: Agardar, na palabra, o momento do abrazo”. Pág. 19. “A arte planta no aire a raíz no ar para que o imposíbel arraigue”. Pág. 20. “Conquista da inmediatez: o neno abre os ollos, e ve”. Pág. 24. “Mercadeiros. Mercadeiros por todas partes. E nós –mercancía utilizábel–, viaxando nos seus fardos”. Pág. 40. “Mira á dereita. Mira á esquerda. Mira a onde queiras. Pero atravesa a fronteira”. Pág. 53. “A maior intensidade poética, maior experiencia de inexplicábel eternidade no corazón do tempo”. Pág. 72.

Entrem nesta Rocha Imantada (deve o seu nome a uma citação de Antonin Artaud: “O home caeu da súa rocha imantada”, colocada no pórtico), e deixem-se levar por correntes às que serão convocados trás a sua leitura (sistemática ou pontual, abrindo o livro ao acaso). Com certeza, um diálogo se tende não só entre o autor e o leitor, mas também entre o aforismo e uma realidade que surge através dele, fulgurantemente aberta como uma amêndoa a decifrar-se, fora do tempo, na nossa imaginação surpreendida.

Ramiro Torres

Share

Poetas Di(n)versos III: fotos

Moi recomendábel a entrevista de Gemma Malvido referenciada por Xoán Abeleira.

Máis fotografías do evento en O levantador de fotos.

Share

Poetas di(n)versos (fotos)

Luis García Montero, Luz Pozo Garza e Yolanda Castaño.

Xavier Seoane, Dores Tembrás e Luis García Montero.

Luz Pozo, Eva Veiga, Emma Pedreira, Luis García Montero, Dores Tembrás, Xavier Seoane, Yolanda Castaño e Olga Patiño (de esquerda a dereita, de arriba a abaixo).

Máis fotos en O levantador de fotos.

Share

Do ventre da cóbrega, de Xavier Seoane

Presaxio en tres tempos

A citación de Beckett con que Seoane enceta o poemario dirixe a percepción do lector ao certo centro da ideoloxía textual: “Inclinado a confesar un tempo que agoniza”. É dicir, o propósito de mostrar poeticamente unha valorización da etapa histórico-social que nos toca vivir e que o poeta, sensíbel ao novo imaxinario cultural que nos cega (“Non queda / eternidade / por camiñar / onde as fontes do soño / foron cegadas”, p. 121), detecta e canta con amargura desde o desexo de xustiza e harmonía. Expresa isto mediante a vinculación de símbolos telúricos e espirituais tradicionais como se así pretendese mitoloxizar o presente, lembrándonos a aura protectora do inmutábel sacroprofano, nun ton bárdico ou druídico que lle serve para representar a nación deitada na decadencia. Intuímos aquí un outro xeito de Xavier Seoane de denunciar a falta de humanismo nesta etapa histórica, xa expresada polo autor desde as palestras públicas e os ensaios publicados. Ora ben, falar do presente cun estilo poético deste teor evita caer nas superficialidades das marismas socialrealistas abertamente políticas e penetrar noutras fonduras, talvez máis obscuras e se cadra por iso máis poderosas no longo prazo, como se se tratase de cargas de profundidade que nos atinxen para só estourar cando menos o esperamos. Existe, por tanto, neste poemario unha fundamental consciencia do social que se manifesta nun aberto compromiso co presente na denuncia: “Chegan tempos revoltos…” (p. 96). E a primeira profanación que descubrimos hoxe é unha cultura galega irremediabelmente danada, unha vez que a lingua secular é entendida como unha ferramenta prescindíbel. Porque unha cultura se torna estéril cando renuncia a crear coa súa propia lingua: “Pai, / todo está roto / no ventre da palabra” (p. 99). Mais este feito non só ten a ver coa sociolingüística ou coa política, como algúns queren ver, senón que implica un desarraigo histórico perceptíbel como carencia social, desunión que comporta a falta de lei consuetudinaria ou auténtico pacto social: “Esta é a lei / Este o anel / Esta a nada…” (p. 100). A serpe representa o inimigo ancestral, o mitolóxico axente do caos que conduce activamente á deshumanización, ou que nace pasivamente da ausencia de utopía no corazón dos homes. A utopía e os soños alimentan de enerxía positiva o presente, mais desaparecen se sobrevén o esquecemento daquilo que a Tradición conserva sobre as necesidades temporais da sociedade. Cultura é a arte de saber xerir as necesidades do día a día en dirección ao inmutábel; é aquilo que nos permite establecer un criterio sobre as decisións particulares; é, en definitiva, a posibilidade de valorizar aquilo que resulta eficiente en cada época para atinxir o ben estar social, respectando as necesidades perennes do individuo. Sen cultura no hai referentes, e a sociedade navega como un barco á deriva, ou, en mellor alegoría desta época de liberalismo atordoante, como un barco conducido por unha tripulación repleta de capitáns bébedos. Nestas e noutra fonduras nos baña O ventre da cóbrega, persistente na súa intención de inspirarnos unha reflexión rotunda sobre a humanidade que nos regala a cultura, como un traxe sempre adaptábel á nosa medida mais que abriga dos meteoritos imprevisíbeis da vida. Versos que mesturan os símbolos tradicionais e a liberdade expresiva do século precedente, describen o veneno que agarda tras os sorrisos das novas serpes.

Publicado en Grial, nº 183, 2009.

Share

Hoxe recitamos no Rosalía de Castro na Mostra de Ciencia e Cinema

Dentro da Mostra de Ciencia e Cinema hoxe mércores ás 20:30 terá lugar no Teatro Rosalía de Castro un recital poético co título POESÍA + CIENCIA no que participarán Marica Campo, Emma Couceiro, Estibaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas e Xavier Seoane. O acto estará presentado por Lucía Aldao e contará coa actuación musical de Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xabier Díaz. A entrada é de balde.

 

Share

Presentación de Do ventre da cóbrega, de Xavier Seoane

Presentación de “Do ventre da cóbrega”, de Xavier Seoane […]

Share