Letras Galegas 2017 (4): "No caminho das artes"

No próximo sábado 20 de maio participaremos no “No caminho das artes”, um encontro com as artes entre gentes da Galiza e Portugal (música, escultura poesia, e pintura) no Museu “Terra de Melide” e na Capela de Sto. António em Melide. Mais uma oportunidade para desfrutar de natural irmadade galego-portuguesa em companhia d@s amig@s melidenses.

Share

Visita á Terra de Melide

boletinestudosmelidenses26_250Era mediodía e todos tiñamos combinado na Praza do Convento. Aínda que o día era fresco un ceo sen nubes presaxiaba unha mañá idónea para desfrutar da visita. Estacionamos os coches a carón do punto de encontro, no centro urbano e mesmo á beira do Museo, o que semellaba xa unha agradábel benvida por parte da vila. Xuntos todos e comandados por Xulio Álvarez, quen tiña organizado a excursión este día, dirixímonos ao Museo da Terra de Melide.foto1_900

O Museo, segundo nos conta o seu director Xosé Manuel Broz, foi un antigo hospital de peregrinos fundado no século XIV e mellorado máis tarde pola casa de Ulloa. Unha vez traspasada a súa porta, cuxa entrada con forma de arco puido ter pertencido ao derruído castelo de Melide, o seu interior deseguida se revela fascinante. O contido do Museo ofrece diversos capiteis medievais, sartegos, fotografías, pinturas e outras pezas de grande valor que demostran un inxente esforzo de recollida, coidado e catalogación de obras. Seguen outros materiais de reducido tamaño que chamaron especialmente a nosa atención: a grande colección de pezas da época castrexa. Multitude de pedras aburatadas e penduradas dunha cordiña das que aínda se descoñece a súa verdadeira utilidade, así como misteriosas “rodelas”, pezas arredondadas, furadas e con deseños labrados que ninguén sabe para que servían nunha época en que había probabelmente moitos máis avances técnicos e vitais do que moitos sospeitan. Unha longa lista de muíños, armas e moedas completan a ampla mostra pre e pos-romana que nos indican amplamente onde pode chegar unha preocupación sincera por coidar o patrimonio e dignificar o noso pasado, algo imprescindíbel á hora de xuntar forzas para enfrontar o presente e construírmos un futuro que mereza a pena. […] Ler mais

Share